Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 abril, 2026
No anuncio lanzado a través das redes sociais de forma conxunta, Mondra expresou a ilusión de poder actuar na Quintana e avanzou que haberá sorpresas, ao tempo que convidou a todo o mundo a encher a praza nun día que “será moi especial”.
Este anuncio coincide co lanzamento do primeiro sinxelo que asinan Mondra e Baiuca, Mazarocas, un primeiro traballo que apunta a converterse nun dos grandes temas do ano, así como un himno inmediato no repertorio de ambos.
O tema publícase en plena xira estatal de Mondra, iniciada en Bilbao o 14 de marzo e que o levará polas principais salas estatais nos vindeiros meses, desde Madrid, Barcelona, León, Zamora ou Uviéu. Unha ruta que o artista galego combinará cos escenarios do noso país, incluída a Praza da Quintana.
Traxectoria
Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país. Co seu álbum debut, titulado ARDĒN (Altafonte, 2023), acadou o recoñecemento unánime de público e crítica, xunto a outros galardóns, como o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024, ou o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por MARIMONDRA.
No mes de maio de 2025, lanzou o seu segundo traballo discográfico, DE RONDA (Altafonte, 2025). DE RONDA preséntase nun espazo-tempo que toma todo o seu sentido en A RONDA, a case homónima e segunda produción escénica do artista. Nela,
baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, o novo discográfico cobra vida a través das voces, os sintetizadores e o son das percusións tradicionais, cunha sofisticada e visual posta en escena.
Sobre o escenario, Mondra está acompañado por Artur Puga, Julia Sánchez-Biezma, Xabi Gómez e Saínza Piñeiro, que conforman a banda, e Sabela Domínguez e Jandros Rodríguez como intérpretes de danza.
Coa FOLĪA das ARDENTES e A RONDA, Mondra realizou máis dun cento de concertos enchendo os escenarios e levantando o público dentro e fóra de Galicia.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)