AD

Actualidad

O Concello presenta a campaña “Voces de Lousame contra a violencia de xénero”

today14 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • A campaña foi presentada no marco da 13ª xuntanza da Mesa Local de  Coordinación Interinstitucional fronte a Violencia de Xénero

14 de novembro de 2023.- O salón de plenos do Concello de Lousame acolleu a decimoterceira xuntanza da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero, que estivo presidida por Teresa Villaverde Pais, alcaldesa de Lousame. Unha reunión na que se presentou a campaña “Voces de Lousame contra a violencia de xénero”, que se vai poñer en marcha para conmemorar o 25 de novembro.

Teresa Villaverde explica que “é unha actividade dirixida a sensibilizar á poboación xeral sobre a importancia da prevención da violencia de xénero”. Unha campaña convocada polo Concello de Lousame e financiada con cargo aos créditos recibidos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e do Ministerio de Igualdade. Así, durante este mes de novembro, as persoas que desexen participar deberán enviar frases en mostra do seu rexeitamento da violencia sobre as mulleres comezando coa lenda: “Eu quero que…” indicando as cousas que desexen que rematen, cambien ou melloren en relación ás situacións de violencia machista e a igualdade entre mulleres e homes.

Para participar é preciso que a persoa comparta esa frase nas súas redes sociais, acompañándoa do hagstag #EuQueroQue e etiquetando ao Concello de Lousame ben en Facebook (facebook.com/concello.delousame), Instagram (/somosLousame) ou Twitter (@SomosLousame). En caso de non dispoñer de Redes Sociais, pódese participar enviando as imaxes por whatsapp ao 689 126 385. Pódese participar de xeito individual ou grupal e o prazo para entregar frases remata o 25 de novembro. Ao finalizar a campaña sortearemos 2 vales para unha cea para dúas persoas (entre as persoas que participen de xeito individual) e 2 vales de material deportivo (entre os grupos).

Resto da reunión

A reunión estivo presidida pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, e nela participaron Pilar Cobas Cajuso, directora CPI Plurilingüe Cernadas de Castro; Ángela Mª Costa Santos, enfermeira Centro de Saúde de Lousame; e Mónica Castaño Ourille, técnica da Concellería de Igualdade. Todas elas interviron para actualizar a información sobre as actuacións levadas a cabo no municipio.

Así mesmo, a Mesa informou sobre o estado dos diferentes recursos de atención ás mulleres e promoción da igualdade que está a elaborar a Secretaría Xeral de Igualdade para o seu uso polas Mesas Locais e plantexou convidar a outros axentes sociais a participar na Mesa, así como a posibilidade de contar cun recurso de emerxencia para atender as necesidades de pernocta de mulleres vítimas en casos urxentes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%