Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today31 mayo, 2024
O Grupo Municipal do BNG queda composto por Natividade González, Escarlata Pampín, Alexandre Espinosa, Rosalía Seijas e Carlos Vieito. Unha formación cohesionada e preparada para ser a alternativa de goberno que Ames necesita.
“Únome ás miñas compañeiras e compañeiros do BNG para abordar as problemáticas do noso concello e darlles solución. Aportar o noso traballo e dedicación e poñelos ó servizo das veciñas e veciños para facer de Ames, un concello mellor” sinalou Carlos Vieito.
Carlos García Vieito vén de tomar posesión como novo concelleiro do BNG no pleno de maio celebrado no Concello de Ames. O novo edil ocupa o lugar de David Santomil tras facerse efectiva a renuncia a continuar no seu posto por motivos persoais.
O recente concelleiro do BNG estréase na política institucional. “É moi emocionante comezar esta nova etapa como concelleiro. Entro no concello de Ames con ilusión e con moitas ganas de traballar para mellorar o día a día da veciñanza amesá” salienta.
Graduado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e
especializado en comunicación dixital pola Universitat Autònoma de Barcelona, traballou para diferentes axencias de publicidade e grandes marcas en Barcelona. Ademais foi xefe de prensa de Néstor Rego no Congreso dos Deputados en Madrid.
Como activista desenvolveu proxectos sociais como a iniciativa Twitter en galego, que acadou a galeguización desta plataforma; Operación Albóndega, que conseguiu a inclusión do galego nos catálogos e rotulación do IKEA da Coruña; así como o Instagram en galego, Dépor en galego e TikTok en galego, entre outras moitas iniciativas.
“Únome ás miñas compañeiras e compañeiros do BNG para abordar as problemáticas do noso concello e darlles solución. Aportar o noso traballo e dedicación e poñelos ó servizo das veciñas e veciños para facer de Ames, un concello mellor.”, expresaba Carlos Vieito na súa toma de posesión.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)