Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 octubre, 2024
O Monbus Obradoiro chegaba ao partido tras gañar un dos seus tres primeiros enfrontamentos na Primeira FEB. Pola súa banda, o Silbö San Pablo Burgos aterrizaba invicto na competición.
Antes de comezar o partido, a Caldeira vestíase de gala, amosando unha vez máis a solidariedade, tanto do club como da súa afeción, en apoio a todas as mulleres e familiares que sofren e combaten cada día o Cancro de Mama. Un gran mosaico tintou de rosa as gradas do Sar e os xogadores de ámbolos dous equipos participaron nunha fotografía, amosando a súa solidariedade.
Deu comezo o encontro coa grada de pé ata a primeira canasta local, que chegou a mans de Brad Davison tras unha boa defensa do Monbus Obradoiro. O equipo compostelán comezaría forte, xa que, cunha dobre anotación, unha de Toms Leimanis e outra de Davison, poñía o 6-0.
Silbö San Pablo Burgos poñíase as pilas e conseguía empatar o cuarto, aínda que Micovic non llo poñería fácil e devolvía a vantaxe para os locais. O primeiro cuarto continuou con bastante igualdade; ningunha das equipas lograba distanciarse. Restando tres minutos para finalizar o primeiro asalto, o resultado marcaba un empate que non se rompería ata o final (24-24).
O segundo cuarto comezaba cunha tripla de Almazán que poñía por diante momentáneamente aos burgaleses. Co paso dos minutos, comezaban a distanciarse no marcador, obrigando a Gonzalo Rodríguez a pedir tempo morto para dar indicacións aos seus (26-31).
A metade do asalto chegaba co Monbus Obradoiro intentando recortar distancias no marcador, situándose a un só punto do seu rival, pero sen conseguir alcanzalo(32-33). Pouco a pouco, ámbolos equipos sumaban canastas á par, mantendo as distancias, ata que, a falta dun minuto, o Silbö San Pablo Burgos poñíase sete arriba. Ó final do segundo cuarto chegaba cun Monbus Obradoiro volcado en ataque e reducindo distancias (42-44).
Tras o descanso, volvía a emoción á cancha do Sar e os galegos comezaban a impoñer a súa lei cunha dobre canasta de Sergi Quintela dende a liña de tiros libres. Os visitantes non baixaban os brazos e chegaban primeiros á media centena de puntos, quedando aínda sete minutos de cuarto (46-51).
Corría o cronómetro e ninguén tiraba a toalla. A afeción obradoirista caldeaba o ambiente e daba forzas aos seus nun cuarto moi reñido e pelexado no que ámbolos dous equipos engordaban pouco a pouco o marcador sen que ninguén lograse unha distancia considerable (57-62). Nos últimos instantes, duas triplas de Tomeu Rigo e unha canastra de Nacho Varela daban vida a un Monbus Obradoiro que igualaba o partido (65-65). O terceiro asalto daba fin cun Silbö San Pablo Burgos que marchaba tres puntos arriba no marcador (65-68).
Comezaban os últimos dez minutos e o último cuarto do encontro cos galegos anotando desde a liña de tiros libres a través de Galán, que reducían a distancia a dous puntos. Pouco antes do ecuador do asalto, os burgaleses tomaban un respiro (69-75).
Os últimos minutos serían de infarto. Os locais achegábanse a tres do seu rival mentres o Sar se volcaba e daba alento ao seu equipo nos últimos instantes do encontro (72-75). Millán Jiménez daba o empate para o Monbus Obradoiro cunha tripla, pero o Silbö San Pablo Burgos volvíase a poñer tres arriba. O resultado cada vez igualabase máis, ata estar 76-78 a falta de dous minutos para o final.
Un minuto e unha soa canastra separaban a ámbolos dous equipos no marcador, pero finalmente os locais non puideron alcanzar ao seu rival e o Silbö San Pablo Burgos levábase a vitoria anotando as últimas canastras do encontro (85-91).
Ficha técnica
85 – Monbus Obradoiro: Brad Davison (20), Victory Onuetu (0), Tomeu Rigo (6), Álex Galán (5), Strahinja Mićović (10), Millán Jiménez (11), Nacho Varela (15), Sergi Quintela (4), Pablo Harguindey (0), Jake Stephens (8), Oliver Stević (6), Toms Leimanis (0).
91 – Silbö San Pablo Burgos: Dídac Cuevas (10), Emmanuel Wembi (0), Jón Axel Gudmundsson (7), Pablo Almazán (3), Álex Barrera (0), Gonzalo Corbalán (2), Dani Díez (17), György Golomán (6), Roberts Stumbris (2), Joe Cremo (15), Miha Lapornik (23), Luke Fischer (6).
Cuartos: 24-24, 42-44, 65-68, 85-91.
Árbitros: Enrique López Herreda, Héctor Báez Batista, Cristina Adan Rodríguez.
Incidencias: Partido correspondente a cuarta xornada de Primera FEB disputado no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela ante 4.066 espectadores.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)