Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Silleda. 24-7-2024.- Como cada ano, e para celebrar o Día Nacional de Galicia, este xoves 25 de xullo o Concello de Silleda fará unha xornada de portas abertas no mosteiro de Carboeiro, que terá entrada libre durante toda a xornada.
O 25 de xullo é un dos tres días do ano nos que o mosteiro ten acceso gratuíto. Tampouco hai que pagar para visitalo o 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e o 10 de agosto, Día de San Lourenzo, a quen está adicado o cenobio.
O mosteiro de Carboeiro é un dos lugares máis visitados da comarca do Trasdeza, ao unirse ao seu interese histórico e monumental a súa localización nunha paraxe natural de gran fermosura. No verán está aberto de luns a domingo de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)