Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Pino. 8-7-2024.- O Concello de O Pino celebra o vindeiro sábado, 13 de xuño, a Xuntanza dos Nosos Maiores, á que están invitadas todas as persoas empadroadas no concello que teñan 60 anos ou máis. Como xa é tradición, os actos desenvolveranse na área recreativa da Madalena a partir das 12.00 horas, e inclúen o concerto da banda, misa, xantar popular y sobremesa con verbena.
O alcalde, Manuel Taboada, adiante que este ano Correos aínda non entregou todas as invitacións pero que “á festa están invitadas todas as persoas empadroadas no municipio de 60 ou máis anos, como xa vén sendo tradicional no noso concello”. Ademais do retraso no reparto das cartas, dende o Concello tamén se detectou algún erro coa lista de invitacións. “Somos conscientes que nalgunhas casas foron invitadas persoas menores de 60 anos, debido a un problema que tivemos coa base de datos”, sinala o alcalde.
Manuel Taboada lémbralle a toda a veciñanza que á Xuntanza dos Nosos Maiores “poden acudir todas as persoas que teñan cumpridos 60 anos”. Para facilitar a asistencia de toda a veciñanza, varios autobuses percorrerán a partir das 11.30 horas todas as parroquias do municipio (salvo a de Castrofeito) a partir das 11.30 horas.
Este ano, como é tradición nesta xuntanza, o Concello de O Pino renderalle homenaxe á algunhas das persoas asistentes de máis idade.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)