Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 febrero, 2026
• Vanse executar catro proxectos para mellorar estradas municipais en varias parroquias
• No Plan complementario inclúese o reforzo do firme na saída da autovía de Salceda a Boavista cun orzamento de 97.788 euros
• Aprobado o convenio con Touro e Boimorto para solicitarlle á Xunta un obradoiro dual de emprego para formar 20 alumnos en actividades auxiliares en conservación e mellora e montes
O Pino. 4-2-2026.- O Pleno do Concello do Pino acordou destinar 410.281,67 euros executar obras dos 797.118,85 euros que lle corresponden do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) POS+ 2026. Os 386.837,09 euros restantes quedan para financiar gastos correntes. Na sesión tamén se aprobou o Plan complementario, cun orzamento de 97.788,57 euros, e a sinatura dun convenio con Touro e Boimorto para solicitarlle unha axuda á Xunta para o obradoiro dual de emprego Touro-Boimorto-O Pino coa finalidade de formar a 20 persoas en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Os dous puntos foron aprobados por unanimidade.
O Pino financiará este ano catro proxectos de obras co POS+ 2026 da Deputación da Coruña, cun orzamento global de 410.281,76 euros, segundo se aprobou no pleno extraordinario celebrado este 4 de febreiro.
Un total de 109.646,11 euros vanse destinar a mellorar diferentes estradas con tratamento asfáltico. Na relación figura a mellor en case dous quilómetros do viario de Rourís a Oza por Castro; outro quilómetro e medio na de Vilar a Aquela Vila; uns 600 metros de Margaride a Frechazo Último, e outros 270 metros da Ponte a San Mamede. En todas estas zonas tamén se contempla a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para facilitar o drenaxe.
Cun orzamento de 143.178,60 euros vaise botar unha capa de aglomerado en quente para reforzar do firme do viario de Pumar a Vilarmeao, en dous treitos que suman 2 km.
O terceiro proxecto ten un orzamento de 104.103,08 euros e vai permitir mellorar a capa de rodaxe do viario que vai de Quintáns a Carolliño en varios tramos de 1,8 km en total, nos que se botará unha capa de tratamento asfáltico. Tamén se van mellorar 800 metros da estrada de Gonzar a San Andrés e outro quilómetro na de Vilar a Gonzar. Este proxecto inclúe as mesmas actuacións nos viarios de Porto a Porta de Roxos e outro en Pazos de Arriba.
O Concello reserva 53.353,97 euros para mellorar a sinalización nas principais rúas do Pedrouzo, nas que está previsto repintar as marcas viarias e a colocación de sinais verticais na parada do autobús, pasos de peóns e para regular o estacionamento.
No Plan complementario, o Pino inclúe o proxecto para reforzar o firme da estrada da saída da autovía na Salceda ata Boavista que ten un orzamento de 97.788,57 euros.
Tamén quedou ratificado o POS+ adicional 3/2026 para a redución da débeda dos concellos coa Deputación da Coruña pola utilización de préstamo provincial nos plans de 2015 a 2023 e para o gasto corrente. Nesta partida, O Pino deixa asignados 140.668,03 euros.
Obradoiro dual de emprego
Na sesión desta mañá, os concelleiros tamén aprobaron o convenio entre os concellos do Pino, Touro e Boimorto para solicitarlle á Xunta unha subvención que lles permita poñer en marcha o Obradoiro dual de emprego Touro-Boimorto-O Pino e formar a 20 persoas durante 9 meses en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
O concello promotor do obradoiro e titular da subvención será o de Touro, que tramitará e xestionará a solicitude diante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. No convenio, os tres concellos comprométense financiar a partes iguais e con fondos propios o gasto non subvencionado deste obradoiro.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)