AD

Arte y Cultura

O Pino organiza o día 15 a primeira Festa da Xuventude con París de Noia e Trebol

today7 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Celebrarase en Arca, no lugar da Igrexa, a partir das 22.00 horas
  • Borja Castro: “Queremos ofrecerlle á mocidade unha opción de ocio para gozar no noso municipio”

O Pino. 7-12-2023.- O Concello do Pino organiza o vindeiro venres, 15 de decembro, a primeira edición da Festa da Xuventude coas orquestras París de Noia e Trebol. Con esta iniciativa, o equipo de goberno quere “ofrecerlle á mocidade unha opción de ocio para gozar no noso municipio”, segundo indica o concelleiro de Xuventude, Borja Castro.

A I Festa da Xuventude do Pino vaise celebrar na parroquia de Arca, no lugar da Igrexa, a partir das 22.00 horas, coa actuación da Orquestra Trebol, que ofrecerá o seu segundo pase a partir das 01.00 horas.
A Orquestra París de Noia levará ata O Pino o seu espectáculo ‘La gira de la ilusión’, cun primeiro pase a medianoite e o segundo a partir das 02.00 horas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%