AD

Comarca

O POS+ permitirá a Brión reforzar servizos básicos e actuacións municipais

today4 febrero, 2026

Fondo
share close
AD
  • Investirá 106.000 euros do Plan Complementario na mellora do viario de Guitiande
  • O Pleno aproba por unanimidade delegar no Concello de Ames a solicitude do obradoiro dual Renova Verde, en materia de xardinería

4 de febreiro de 2026.- O Pleno de Brión aprobou esta mañá, en sesión extraordinaria, a proposta da Alcaldía para o Plan Único de Concellos POS+ 2026 que destina os 698.441,47 euros a financiar gasto corrente. “Grazas ao POS podemos sacar adiante os principais proxectos e actuacións”, apunta o alcalde brionés, Pablo Lago, quen explica que “estes fondos destinaranse a financiar actuacións de mellora de acceso a núcleos en todas as parroquias, limpeza viaria, alumeado público, parques e xardíns, así como a solucionar os problemas da recollida de lixo coa Mancomunidade, que vén de moitos anos e nos lastrou moito a todos os concellos”. Así mesmo, o Pleno aprobou destinar os 106.420 euros do Plan Complementario 2026 ás obras de mellora do viario de Guitiande.

A proposta da Alcaldía saíu adiante cos sete votos a favor de PSOE e BNG, e as dúas abstencións do BNG. Unhas abstencións que xustificaron no feito de que non se lles tivera convocado a unha negociación previa da proposta do Plan Único e que Brión continúe cos orzamentos prorrogados. Pablo Lago lembroulles que “cando lles ofrecín negociar os orzamentos estivemos tres meses reuníndonos e despois tamén se abstiveron”, así como que “ao longo do ano se trouxeron propostas a este Pleno dos distintos grupos municipais que serán atendidas en función dos recursos económicos que temos”.

Renova verde

Por outra banda, o Pleno aprobou por unanimidade delegar no Concello de Ames a xestión e organización do obradoiro dual de emprego Renova Verde. “Despois de varios anos dedicados ás enerxías renovables en xeral, e ás instalacións fotovoltaicas en particular, este ano apostamos por actuacións de mantemento e instalación de xardinería, xa que é unha actuación interesante para ambos os dous municipios e tamén porque empresas da comarca nos teñen trasladado a necesidade que teñen de persoal ben formado no sector”. Un obradoiro que contempla unha vintena de actuacións de melloras en zonas verdes do municipio brionés.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *