AD

Comarca

Conflito no pleno de Arzúa: o PP denuncia censura por parte do alcalde

today3 agosto, 2025

Fondo
share close
AD

O Partido Popular de Arzúa denuncia a actitude antidemocrática e autoritaria do alcalde, Xoán Xesús Carril, durante o pleno ordinario celebrado este xoves, no que se lle impediu ao voceiro popular, Rafael Rivadulla, exercer o seu dereito a intervir na defensa da urxencia dunha moción presentada polo grupo.

A moción tiña como finalidade abordar e condenar as pintadas ilegais realizadas fai uns días polo concelleiro do BNG, Daniel Moscoso, que curiosamente onte non asistiu ó pleno, feitos que o PP considera dunha extrema gravidade e incompatibles coa responsabilidade institucional que require o cargo de concelleiro.

O alcalde interrompeu a intervención do voceiro popular de maneira unilateral, sen amparo legal, e incumprindo o establecido no artigo 67.2 do Regulamento de Organización Municipal, que recoñece expresamente o dereito do grupo propoñente a xustificar a urxencia dunha moción durante un máximo de tres minutos.

“O alcalde non pode actuar como se o pleno fose da súa propiedade. Os dereitos da oposición están recollidos por lei e non dependen do seu criterio persoal”, sinalou Rafael Rivadulla tras o pleno.

O PP considera especialmente grave que se pretenda silenciar unha moción relacionada cun comportamento reprobable dun membro do goberno local.

Desde o Partido Popular de Arzúa advertimos que non imos permitir actitudes caciquís nin o intento de limitar a liberdade de expresión e participación política no Concello. Xa no pleno de onte, nun punto previo, o alcalde autorizou unha segunda quenda de intervención salvo ó voceiro popular, pasando á votación directamente.

Exiximos respecto polas normas, polas institucións e polos dereitos de todos os representantes públicos, sexan do signo político que sexan.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *