AD

Comarca

O PP de Dodro denuncia o estado «intransitable» das beirarrúas de Imo

today6 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

Os populares alertan da falta de limpeza e mantemento das zonas peonís e reclaman ao Concello unha actuación urxente para garantir a seguridade dos veciños

O Partido Popular de Dodro denuncia o deficiente estado no que se atopan as beirarrúas de Imo, con maleza e vexetación que dificultan o paso dos peóns e que, nalgúns puntos, obrigan os veciños a circular pola calzada.

Os populares consideran que a situación evidencia unha falta de mantemento dos espazos públicos por parte do goberno municipal e advirten de que non se trata unicamente dun problema de limpeza ou de imaxe, senón tamén de seguridade e accesibilidade.

O estado das beirarrúas dificulta especialmente os desprazamentos das persoas maiores, das persoas con mobilidade reducida e de quen transita habitualmente a pé pola zona. Desde o PP sinalan que a presenza de maleza e o deterioro das zonas de paso incrementan o risco de caídas e poden levar os peóns a utilizar a estrada para continuar os seus percorridos.

A formación popular critica ademais que as beirarrúas presenten estas condicións coincidindo coa celebración das festas de Imo, unhas datas nas que aumenta a presenza de veciños e visitantes e nas que debería reforzarse a limpeza e o acondicionamento dos espazos públicos.

O PP de Dodro reclama ao Concello unha actuación inmediata para limpar e acondicionar as beirarrúas de Imo e pide que o mantemento dos distintos núcleos do municipio se realice de maneira periódica, evitando que a maleza chegue a impedir o uso normal dos espazos destinados aos peóns.

Os populares insisten en que garantir unhas beirarrúas limpas, accesibles e seguras debe formar parte do mantemento ordinario dos lugares do concello durante todo o ano e non limitarse ás actuacións puntuais vinculadas á celebración de festas ou outros eventos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *