AD

Comarca

O PP de Melide reclama máis efectivos policiais e transparencia na recadación do mercado dominical

today18 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

Melide, 18 de outubro de 2026. O Partido Popular de Melide vén de iniciar unha nova rolda de preguntas dirixidas ao goberno local do Concello de Melide, na cal pon o foco, entre outras cuestións, na situación da Policía Local e nas taxas aplicadas aos postos do mercado dominical.

A formación popular vén alertando nos últimos meses acerca do importante déficit de efectivos e a falta de medios da Policía Local, onde nos últimos meses só 2 axentes prestaron servizo de xeito continuado e regular, con varias vacantes sen cubrir.

Dende o Partido Popular de Melide sinálase novamente que este é un servizo esencial para o axeitado funcionamento do municipio, que sofre situacións de vandalismo, roubos e inseguridade de maneira continuada.

Doutra banda, o grupo Popular solicita información detallada sobre a recadación e as taxas municipais cobradas aos postos de venda do mercado dominical, toda vez que nos exercicios anteriores -2024 e 2025-, apenas se cobraban ditas taxas aos postos instalados.

Agardamos explicacións por parte do Concello de Melide ante esta situación, que se manifesta ademais nunha evidente perda de visitantes e de fortaleza comercial durante a xornada dominical, insisten os populares.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Melide mantense firme no seu compromiso de seguir fiscalizando a xestión municipal e esixindo solucións reais aos problemas que afectan diariamente aos veciños e ao tecido económico da vila.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *