AD

Actualidad

O PP denuncia a redución de contedores e frecuencias en Lavacolla, San Paio e As Quenllas

today12 diciembre, 2023

Background
share close
AD

A concelleira popular, Nerea Barcia, denuncia que, con esta situación, é claro que para o Goberno nacionalista o Pacto polo Rural só é un “papel mollado” ao que acoden en épocas electorais, pero despois seguen tratando a esta veciñanza como “cidadáns de terceira” e non fan caso algún as súas demandas

Para a popular, resulta incrible que, en pleno século XXI e nas inmediacións dun aeroporto Internacional, os veciños non conten con auga da traída municipal, nin con servizo de saneamento.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, acompañada por José Ramón de la Fuente e Adrián Villa, visitaron a parroquia de Lavacolla, onde puideron comprobar as distintas necesidades e deficiencias que a veciñanza leva anos reclamando, sen que os distintos gobernos de esquerdas as teñan en conta, a pesar do escaso custo que, na súa maioría, supón o arranxo das mesmas.

Con esta situación, é claro que para o Goberno nacionalista o Pacto polo Rural só é un “papel mollado” ao que acoden en épocas electorais, pero despois seguen tratando a esta veciñanza como “cidadáns de terceira” e non fan caso algún as súas demandas.

A popular denuncia que, desde que se puxo en marcha o novo contrato do lixo, este servizo ten grandes carencias, como os tempos de recollida, tarefa que pasou de facerse tres veces á semana a soamente unha, o que supón un problema de acumulación de lixo, causando malos cheiros e acumulación de bolsas.

Ademais, o Goberno nacionalista retirou distintos contedores, sobre todo, na zona das Quenllas, pero nos os repuxo, sobre todo, nas vías de servizo das vivendas, polo que agora son os veciños os teñen que levar o lixo nos seus propios vehículos.

Durante a xuntanza, na que se congregaron máis de 30 veciños, Nerea Barcia puido comprobar como unha demanda histórica, como é a mala sinalización, sobre todo, nas zonas de San Paio e As Quenllas, segue sen arranxar. Esta situación provoca moitos equívocos entre as persoas que se desprazan ata esta zona e as numerosas dificultades para recibir o correo ou paquetería, ante a falla de sinais.

Así mesmo, para a popular resulta incrible que, en pleno século XXI e nas inmediacións dun aeroporto Internacional, os veciños non conten con auga da traída municipal, nin con servizo de saneamento. Cabe sinalar que a auga ven dun pozo privado, que paga a veciñanza. Dita instalación funciona con electricidade, polo que se ve afectado polos constantes cortes de luz.

Barcia lémbralle ao Goberno do BNG que esta é unha demanda que ten fácil solución, xa que a pouco máis de 100 metros, á altura da central de Correos existen tomas de luz que suporían unha solución, o que reflexa a deixadez coa que, o Goberno do BNG, se toma as demandas dos veciños do rural.

Durante a xuntanza, Nerea Barcia destaca que os veciños tamén padecen “un deficiente funcionamento do transporte público, posto que teñen numerosas dificultades para ir no autobús, sobre todo a determinadas horas, xa que a liña 6A sae chea desde o aeroporto e non poden acceder a ela”.

A concelleira popular considera que o Goberno nacionalista debe aplicar unha rebaixa en distintos tributos, como podería ser no Imposto de Bens Inmobles (IBI), xa que pagan o mesmo que os veciños das rúas do Ensanche ou dos barrios composteláns, cando a realidade é que carecen de servizos básicos como os mencionados, ademais de que durante os últimos anos, teñen detectado que non contan limpeza da vía pública nin das gabias.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%