AD

Actualidad

O PP responsabiliza ao BNG do declive do aeroporto compostelán pola súa «turismofobia»

today10 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • «Temos que estar á altura da capital de Galicia e o BNG non o está, posto que desde que gobernan Santiago, o único que vemos e escoitamos na prensa é a eliminación de prazas na oferta de voos internacionais e reducións nas conexións por avión”, lamentou Constenla.
  • Segundo o popular, “queda claro para todos que a turismofobia que ten como lema o BNG e a súa falta de políticas turísticas ten nefastas consecuencias, xa que desde o pasado mes de outubro, Santiago e a súa veciñanza están cada vez máis illadas”.

O vicevoceiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, manifestou hoxe a súa preocupación polo “máis que evidente desmantelamento do aeroporto de Santiago”, que a xuízo do populares “está a provocar a falta dunha política turística real por parte do BNG desde a súa chegada”.

“Esta falta de ambición no eido do turismo para a capital de Galicia por parte dos nacionalistas afecta, sobre todo, ás conexións internacionais que, cada mes que pasa, van a menos, perdendo rutas moi necesarias para Compostela”, subliñou o edil popular.

Constenla remarcou que “queda claro para todos que a turismofobia que ten como lema o BNG e a súa falta de políticas turísticas ten nefastas consecuencias, xa que desde o pasado mes de outubro, Santiago e a súa veciñanza está cada vez máis illada”.

Así, insistiu en que temos que estar á altura da capital de Galicia e o BNG non o está, posto que desde que gobernan Santiago, o único que vemos e escoitamos na prensa é a eliminación de prazas na oferta de voos internacionais e reducións nas conexións por avión, así que o que lles queremos dicir, desde o Partido Popular, é que se poñan a traballar e deixen de buscar culpables”, explicou Contenla.

O popular lembrou que “xa no Pleno ordinario do mes de febreiro amosamos a nosa preocupación pola anunciada redución de 40.000 prazas na oferta de voos para a tempada de verán e polas reducións aeroportuarias, que pasaban de 25 a 20, o que afecta ás conexións internacionais e agora chega a tempada de inverno e sufrimos máis recortes sen que o goberno nacionalista reaccione”.

Aínda que, subliñou Constenla, “igual o BNG non reacciona porque este desmantelamento non é senon froito das súas políticas turismofóbicas, así que pode que ata estén contentos con esta nova”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%