AD

Actualidad

O PP solicita un Pleno en Conxo con motivo do centenario da súa adhesión ao Concello de Santiago

today28 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

María Baleato solicitaralle aos nacionalistas que preparen tamén unha programación cultural con este motivo

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, lembra que, o pasado 15 de maio deste ano, veñen de cumprirse 99 anos desde que o Concello de Conxo incorporouse ao Concello de Santiago de Compostela, polo que no 2025 celebraremos o centenario desta efeméride, “que consideramos debe ser recordada e posta en valor diante da cidadanía compostelá”.

Por este motivo, a popular considera que esta data é merecedora da celebración dun Pleno neste emblemático barrio, para o que se podería empregar o Mosteiro que alí se ubica, ademais de que se organice unha programación cultural.

María Baleato lembra que Conxo foi un concello independente desde o ano 1835 ata o 1925 e incluía as parroquias de Aríns, O Eixo, Bando, Marrozos, Villestro, Laraño, Figueiras e unha boa parte da zona do Ensanche, contaba tamén co seu propio xulgado e mesmo con estación de tren, pero foi a expansión do núcleo urbano de Santiago o que provocou que se tivese que incorporar ao territorio da capital de Galicia.

Nas súas rúa, Conxo preserva unha historia chea de cultura e momentos que marcaron a historia do Concello de Santiago e que non debemos esquecer, como o Castriño de Conxo; o Mosteiro coa súa Igrexa; o Castelo da Rocha Forte; o Banquete Histórico de Conxo, con Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre entre os participantes; o primeiro psiquiátrico, situado nas instalacións do Mosteiro; e o primeiro ferrocarril de Galicia, que unía Cornes con Carril.

Conxo, onde se construíron novas zonas residencias, está a sufrir unha metamorfose que o ten convertido nun símbolo de revitalización e modernización, ademais de ser un barrio cheo de vida e de celebracións festivas, que preserva o seu encanto e mantén a súa identidade cultural.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%