AD

Actualidad

O programa electoral do PPdeG reflexará o “estilo Rueda”

today29 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Paula Prado sostén que a idea que definirá este documento será a estabilidade e que a través del tratarán de buscar unha solución a cada cuestión que propoñan os galegos e as galegas
  • “Fronte a un multipartito que cada vez que fai un anuncio se converte en mentira e se queremos que en Galicia siga imperando o sentidiño e siga sendo unha illa de estabilidade, a única alternativa é apostar por Alfonso Rueda”, salienta
  • Valentín García, coordinador do programa: “Todos e todas somos importantes para o PPdeG e este programa pretende ser un documento aberto, colaborativo, dinámico, efectivo e vivo. Queremos que sexa o programa de todos e de todas: o programa que máis se parece a Galicia”

29 de decembro de 2023. O PPdeG anunciou hoxe que o programa electoral co que concorrerá ás eleccións do 18 de febreiro reflexará “estilo Rueda” na medida en que será “participativo, de amplo espectro social, pegado á terra e á xente, impregnado da nosa forma de ser e pensado para unha Galicia que non para”.

Así o definiu hoxe a secretaria xeral dos populares galegos e tamén coordinadora da campaña, Paula Prado, que recoñeceu a “especial motivación” que supón elaborar o primeiro programa electoral de Alfonso Rueda e a “ilusión” que xera a oportunidade de “poñer sobre o papel as medidas e os proxectos que a sociedade galega demanda e facer dese documento a proposta dunha Galicia aínda mellor”.

“O noso programa falará de políticas sociais, de educación, de sanidade, de igualdade, de industria, de xuventude, de vivenda, do noso mar e do noso agro e un longo etcétera. Pero, sobre todo, falará de estabilidade. E tratará de buscar unha solución a cada cuestión que nos propoñan os galegos e as galegas”, explicou.

Neste sentido recordou que o PPdeG conta con máis dunha vintena de comisións sectoriais que funcionan como “laboratorio de ideas” e que están achegando as súas propostas. Ademais de contar tamén cun proxecto político “baseado na experiencia de goberno de Galicia ao longo de 15 anos e pensado desde a responsabilidade, a unidade e o sentido de país”.

“Fronte a un multipartito que cada vez que fai un anuncio se converte en mentira e se queremos que en Galicia siga imperando o sentidiño e siga sendo unha illa de estabilidade, a única alternativa é apostar por Alfonso Rueda”, concluíu.

VALENTÍN GARCÍA: “QUEREMOS QUE SEXA O PROGRAMA DE TODOS E TODAS E O QUE MÁIS SE PAREZA A GALICIA”

Xunto a Paula Prado estaban o coordinador do programa electoral, Valentín García, e unha das compoñentes do equipo redactor, Carmen Pomar. Representantes ambos dun amplo equipo “en permanente contacto coa sociedade” e que aspira a contar cun “amplo espectro de colaboracións e achegas por parte de todos os sectores da sociedade galega”.

De feito, o coordinador do programa quixo facer un chamamento a todos os galegos e galegas a participar nel e facer aportacións e trasladar as súas inquedanzas a través da páxina web rueda.gal. Porque só así, explicou, se pode facer “un programa pensado por e para Galicia e que permita protexer a estabilidade que permitiu o progreso da nosa Comunidade ao longo destes anos”.

“Todos e todas somos importantes para o PPdeG e este programa pretende ser un documento aberto, colaborativo, dinámico, efectivo e vivo. Queremos que sexa o programa de todos e de todas: o programa que máis se parece a Galicia”, indicou Valentín García ao respecto.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%