AD

Actualidad

O programa MercaNaVila dinamiza o comercio local de Arzúa

today28 octubre, 2025

Fondo
share close
AD
  • A deputada de Emprego, Rosa Ana García, visitou hoxe os comercios locais acompañados da directiva da Asociación de empresarios locais
  • A iniciativa da Deputación conta cun orzamento de 6 millóns de euros, e xa ten preto de 1.000 comercios adheridos en toda a provincia da Coruña, 30 deles en Arzúa

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, destacou, durante a súa visita ao concello de Arzúa, o firme compromiso da Deputación coa promoción do tecido comercial local e coa dinamización económica dos concellos de menor tamaño.

Fíxoo durante á súa visita ao municipio, na que estivo acompañada pola concelleira de Turismo, Promoción Económica e Ación Urbana, Begoña Balado, o presidente da Asociación de empresarios, Diego Valiño e a xerente da entidade, Cristina Carril. Xuntos percorreron as rúas de Arzúa, animando á cidadanía e ao sector comercial a sumarse ao programa MercaNaVila, unha iniciativa que busca apoiar ao comercio de proximidade nos concellos de menos de 20.000 habitantes así como contribuír a reactivación do consumo local.

«MercaNaVila xa conta con 960 comercios adheridos, 30 deles en Arzúa, o que nos confirma o éxito da campaña», asegurou a deputada, ao que engadiu que «é un dos maiores programas de impulso ao consumo de proximidade activado en Galicia nos últimos anos. Estamos a falar dunha ferramenta coa que se incentivan as vendas e coa que se impulsa o comercio dos pequenos municipios, que non deixan de ser o motor económico e xerador de emprego das nosas vilas».

A cidadanía pode descargarse os bonos-desconto de 100 euros (entre 5 e 15 euros en función do importe de cada compra), a través da páxina web www.mercanavila.gal e poderán facer uso do mesmo ata o 20 de novembro ou ata que se esgote o orzamento dispoñible.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *