AD

Actualidad

O PSdeG pide a Sanmartín que evite deixar Mallou sen autobús

today26 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

Marta Abal advirte de que a desaparición da actual liña 4 deixaría sen paradas a rúa Mallou e a rúa do Ceo, prexudicando especialmente ás persoas maiores e con dificultades de mobilidade.

As e os socialistas preguntarán no Pleno se o Goberno municipal revisará os percorridos e atenderá a alternativa proposta polas asociacións veciñais para manter a conexión do barrio.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2026.- A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal reclamou ao Goberno de Goretti Sanmartín que revise os percorridos previstos na nova rede de transporte urbano para evitar que Mallou perda o servizo de autobús. O grupo municipal socialista levará esta cuestión ao Pleno municipal ante a desaparición da actual liña 4, Romaño–As Cancelas, que suporía a eliminación das paradas situadas na rúa Mallou e na rúa do Ceo.

Abal advertiu de que «a nova rede de transporte urbano de Santiago non pode supoñer un paso atrás para os nosos barrios», como podería suceder en Mallou, onde a veciñanza está preocupada pola desaparición das paradas actuais. Trátase dunha zona cun importante desnivel, «onde os desprazamentos a pé non sempre son doados, especialmente para as persoas maiores ou con dificultades de mobilidade», polo que a concelleira insistiu en que «non podemos permitir que unha remodelación do transporte público acabe deixando a veciñanza con menos servizos dos que xa ten».

A socialista lembrou que «as asociacións veciñais xa trasladaron ao Concello a súa preocupación e mesmo propuxeron unha alternativa para manter a conexión de Mallou a través da liña da Almáciga», ampliando o seu percorrido para dar tamén servizo ás Torres de As Cancelas. Ante esta proposta, Abal cuestionou a falta de resposta do executivo municipal, xa que «o que non se entende é que estas demandas non teñan unha resposta clara», especialmente cando se trata de evitar que a nova rede empeore as conexións existentes.

Por iso, Abal anunciou que «dende o Grupo Municipal Socialista preguntaremos no próximo Pleno se o Goberno de Sanmartín ten previsto revisar os percorridos e recuperar o servizo en Mallou», reclamando que se atendan as demandas trasladadas polas asociacións veciñais. A concelleira insistiu en que «renovar o transporte urbano ten que significar conectar mellor os barrios, non deixar a ningún atrás», e defendeu que a implantación da nova rede debe servir para mellorar a mobilidade da veciñanza, non para reducir os servizos dos que xa dispón.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *