AD

Comarca

A Aula CeMIT de Boiro oferta cursos formativos en novas tecnoloxías para novembro

today26 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

Boiro, 26 de outubro de 2026.- A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de novembro. As inscricións para participar deben facerse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 e 629 769 139.

Neste mes vanse desenvolver formacións en LibreOffie Calc (follas de cálculo), que será do 2 ao 5 de novembro de 10.00 a 12.00 horas; A nube de Google, do 9 ao 12 en horario de 10.00 a 12.00 horas; Deseño e Impresión 3D será do 16 ao 18 de novembro de 10.00 a 12.00 horas; e Tramitación electrónica, do 23 ao 26 de 10.00 a 12.00 horas.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro está situada no Centro Social de Boiro e é aula de referencia dende os seus inicios no ano 2010 pola formación en novas tecnoloxías que oferta ao longo do ano.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *