Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 septiembre, 2024
O Grupo Municipal Socialista de Padrón levará ao Pleno unha moción de urxencia para instar ao Goberno Central a establecer a gratuidade do tramo da autoestrada AP-9 entre Padrón e Santiago de Compostela. Esta proposta xorde tras o inicio das obras de mellora da avenida Rosalía de Castro no concello de Ames, o que está a ralentizar o tráfico na estrada N-550, incrementando a necesidade de rutas alternativas.
Na moción, os socialistas argumentan que o elevado custo actual do tramo da AP-9, que varía entre 2,85 e 4,70 euros dependendo do tipo de vehículo, supón un gasto mensual considerable para os usuarios habituais, situándose arredor dos 114 euros. Esta situación, segundo indican, leva a moitos condutores a optar polas estradas locais gratuítas dos concellos de Padrón, Rois, Teo e Ames, xerando unha sobrecarga de tráfico nestas vías, especialmente na N-550, que rexistra o paso de 30.000 vehículos diarios.
O texto destaca a importancia de aliviar a presión sobre estas infraestruturas para mellorar a seguridade vial, reducir a contaminación ambiental e mellorar a calidade de vida nas áreas afectadas. Ademais, subliñan que a humanización do Milladoiro é un exemplo positivo a seguir por outros núcleos afectados polo tráfico da N-550.
A moción tamén inclúe unha solicitude para que o alcalde de Padrón realice as xestións necesarias ante o Goberno Central para conseguir a gratuidade deste tramo da autoestrada.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)