AD

Comarca

O PSOE de Ribeira critica a decisión do goberno local de cubrir os locais baleiros con vinilos

today23 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O grupo municipal do PSOE en Ribeira amosou o seu rexeitamento á proposta do goberno local do Partido Popular de cubrir con vinilos os escaparates dos locais comerciais baleiros. Os socialistas consideran que esta medida non afronta o problema real da falta de actividade económica, senón que pretende mellorar a imaxe da vila sen solucións de fondo.

O seu portavoz, Francisco Suárez-Puerta, critica que o Executivo municipal destine arredor de 20.000 euros a esta actuación, cualificándoa como unha acción estética e de propaganda. Ao seu xuízo, eses recursos deberían empregarse en políticas que favorezan a apertura de novos negocios e o apoio ao comercio local.

Desde o PSOE tamén sinalan que esta iniciativa evidencia a ausencia dun proxecto económico sólido para Ribeira. Entenden que medidas como esta non contribúen a frear o peche de establecementos nin a revitalizar o tecido comercial, polo que consideran que se trata dun intento de “agochar” a realidade.

Ademais, os socialistas denuncian a falta de avances no polígono industrial de Pedras Vermellas, que aseguran continúa sen financiamento nin calendario definido. Esta situación, segundo indican, está a limitar tanto a implantación de novas empresas como o crecemento das xa existentes pola falta de solo industrial.

Por último, o grupo socialista anuncia que levará ao vindeiro pleno iniciativas para impulsar o parque empresarial e mellorar a situación da zona comercial. Reclaman unha planificación económica seria, centrada na creación de emprego, na atracción de investimento e na dinamización real da economía local.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *