Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 noviembre, 2023
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023. Unha tomadura de pelo é a ollos do grupo socialista a ac5tude da Xunta de Galicia respecto o aparcadoiro do Hospital Clínico.
Logo de que o goberno local mantivera unha reunión co conselleiro de Sanidade e a de Infraestruturas que rematou sen avances, o portavoz dos socialistas acusa á administración autonómica ter financiación para outros proxectos “que non repercuten na vida das persoas” e “enredar cos asuntos realmente importantes”. Muíños amosouse especialmente crítico coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e o deputado Borja Verea ao asegurar que “se tiñan un proxecto para acometer un aparcadoiro de mil prazas, o que tiñan que facer é executalo” e “non dilatar algo que, como sempre, os que asumen as consecuencias son os veciños”.
Asegura o edil socialista que ese aparcadoiro poderían financialo cos 11 millóns de euros que se destinaron á senda ciclista entre Milladoiro e San Caetano un proxecto que, recorda, contou cunha forte oposición veciñal, “ou temos que recordar as alegacións presentadas polos veciños afectados?”.
“A Xunta ten 35 millóns para a ampliación das súas oficinas, ten 11 millóns para unha senda que ninguén pediu, ten 2 millóns para máis obras no Monte do Gozo” denunciou o portavoz dos socialistas cri5cando que esas sexan “as prioridades da Xunta” mentres “co aparcadoiro dun hospital público seguen enredando”.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)