Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 enero, 2024
Aitor Bouza acusa ao PP de empregar á Xunta como un mecanismo “para captar e fidelizar votos a través de anuncios”
O exreitor da UDC e candidato número dous por A Coruña, Julio Abalde cuestiona que a Xunta mobilice no que levamos de ano máis de 500 millóns “para regar as súas redes clientelares mentres as universidades teñen problemas de financiación”.
“Non pode ser que a Xunta estea máis preocupada por paquetes vacacionais para a xente nova que pola realidade da mocidade galega” critica Enrique García, secretario de Organización de XSG
Santigo de Compostela, 25 de xaneiro de 2024. O Partido Socialista arremeteu este xoves contra a Xunta polo que considera un “anuncio de pandereta” máis de Alfonso Rueda, logo de abrirse á implantación da gratuidade nas primeiras matrículas nas universidades galegas.
Os socialistas cues onan que esta proposta chegue despois de oito anos nos que o PSdeG defendeu a súa implantación, a última ocasión, hai un mes nas emendas aos orzamentos da Xunta para o exercicio do 2024: “a quen lle vai explicar por que se non había cartos hai un mes, os hai agora?” preguntouse o secretario xeral do PSdeG en Santiago.
Aitor Bouza defende que a proposta que os socialistas levaron ao Parlamento Galego hai só unhas semanas ía acompañada dun estudo de cifras e permitía aplicar a gratuidade no exercicio deste ano. “O PP ten que deixar de empregar a Xunta como un mecanismo para captar e fidelizar votos a través de anuncio” cues ona Bouza que pon en dúbida a credibilidade do Partido Popular: “nós propuxemos a gratuidade e votamos a favor, non votamos en contra e logo a propoñemos como fai o señor Rueda” critica.
Tamén o exreitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde defende a medida, recalcando que foi o Partido Socialista o que sempre abandeirou esta como unha proposta para “garantir o acceso universal á educación superior de todos os mozos e mozas de Galicia”.
Abalde, candidato número dous pola provincia de A Coruña, pon o acento ademais en que esa gratuidade non pode afectar ao financiamento global das universidades. Lembra que cando o Partido Popular anunciou unha baixada das taxas universitarias dos mestrados provocou un infrafinanciamento das mesmas: “os socialistas defendemos a gratuidade, pero sen que afecte ao financiamento das universidades”.
Insiste que a proposta dos socialistas pasa porque a gratuidade da primeira matrícula universitaria non se inclúa dentro do 1% mínimo de financiación universitario para que “non afecte ao financiamento actual nin ao futuro”.
“O Partido Popular está afastado da realidade da mocidade galega”
Desde as Xuventudes Socialistas acusan ao Partido Popular de desconexión das necesidades dos mozos e mozas galegas, e tildan de “curioso” que “mentres o PP estaba votando en contra da gratuidade da primeira matrícula no Parlamento, co Consello da Xunta estaba aprobando subvencións e dotacións orzamentarias de 200 euros para que a mocidade puidese ir de cruceiro ou facer o camiño de Santiago”.
O seu secretario de Organización, Enrique García asegura que a mocidade “non quere que a Xunta sexa un TripAdvisor”: “non pode ser unha administración máis preocupada por paquetes vacacionais que pola realidade da xente nova” critica.
Lembra ademais que a proposta que abandeiran os socialistas, “choca” co que o Partido Popular “leva defendendo e aplicando dende a Xunta nos últimos 15 anos cunha Universidade infrafinaciada e carencias que tiveron oportunidade de resolver coa súa maioría absoluta”.
Neste sentido, cuestiona Abalde a “chuvia de subvencións e financiamento” que se está a impulsar, denuncia, desde a Xunta a distintos colectivos que que “forman parte da rede clientelar do Partido Popular”: “no que levamos de mes supera máis de 500 millóns de euros os mobilizados polo goberno galego”. En comparativa, o exreitor da UDC destaca que o custo total de financiamento universitario para todo o ano son 507 millóns de euros, asegurando que “mentres as universidades teñen problemas de financiamento das infraestruturas, o PP rega as súas redes clientelares a través do DOG”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)