Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 mayo, 2024
Mirian e Aída, xunto ao presidente da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, compareceron este martes nos estudios de Radio Líder Santiago para expresar a súa frustración polas carencias do servizo oncolóxico. Critican o deterioro do sistema, especialmente en relación cos retrasos de ata seis meses nas consultas de revisión, a pesar da implantación das «peonadas» polas tardes. Demandan transparencia e solucións definitivas, non paliativas, por parte da xerencia do CHUS e da Consellería de Sanidade.
Os pacientes describen o sistema de «buzón» como un limbo incerto no que quedan sen unha cita fixada, sendo «totalmente ilegal» e violando a normativa da propia Consellería de Sanidade, e por suposto, aumentando a incerteza dos enfermos. Este sistema, ao introducir incertidume nos tempos de atención, viola o principio da estabilidade das axendas para consultas externas, deixando aos pacientes nunha situación de vulnerabilidade e desamparo.
Ademais, denuncian o colapso no hospital de día, onde os pacientes deben agardar ata 10 horas para recibir tratamento de quimioterapia. Reclaman acción inmediata, pois estamos a falar dunha enfermidade na que o tempo é crucial. Esixen o fin do sistema de «buzón» e o respecto á orde xurídica vixente en materia de listas de espera.
Tras a presión mediática e a rolda de prensa celebrada onte no Centro Sociocultural do Ensanche Finalmente, o conselleiro de Sanidade comprometeuse a reunirse cos afectados para escoitar as súas demandas e implementar solucións. A reunión terá lugar esta tarde en Santiago ás 18.30 horas.
Mirian e Aída relataron nos micrófonos de Radio Líder Santiago cadansúa experiencia dende que lle detectaran o cancro. Aseguran que «falta humanidade» na sanidade galega en moitos puntos do proceso, poñendo varios exemplos persoais que lograron xear o estudio e a nosa audiencia. Podes escoitar as súas testemuñas, no seguinte enlace.
Written by: Líder Redacción
chus Entrevista oncoloxia pacientes e usuarios CHUS radio lider santiago sanidade saude
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)