AD

Deportes

Vitorias de Marcos Castro e María Frey na distancia longa do IX Trail da Baña

today27 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

• Rubén Martínez e Eva de la Fuente venceron no trail medio, mentres que Adrián Sesar e Lucía Taboada encabezaron o curto
• O Concello agradece o traballo do voluntariado, do técnico de Deportes Adrián Vázquez e de Protección Civil, así como a participación dos deportistas e a colaboración das entidades e empresas implicadas

A Baña. 28-9-2026.- O IX Trail da Baña celebrouse este domingo cun récord de 394 persoas inscritas na súa primeira edición dentro da Serie Ouro da Federación Galega de Atletismo. Marcos Castro Moura e María Frey López impuxéronse na distancia longa dunha cita que reuniu tres modalidades de trail e unha andaina non competitiva.

Das persoas anotadas, 44 correspondían ao trail longo de 28 quilómetros; 103, ao medio de 18 quilómetros; 114, ao curto de 8 quilómetros; e 133, á andaina, tamén de 8 quilómetros. Todas as probas tiveron a saída e a chegada no pavillón municipal de deportes.

O alcalde, José Antonio Pereira Gil; a concelleira de Deportes, Ana Pensado; e o concelleiro Álvaro Silva animaron os corredores desde a saída e participaron na entrega de premios.

Os podios das tres distancias

Marcos Castro Moura gañou o trail longo cun tempo de 1:55:56, seguido de Manuel Pais (1:59:23) e Andrés Flórez (2:04:02). Na clasificación feminina, María Frey acadou a vitoria cun rexistro de 2:21:21, por diante de Lucía Peon (2:24:45) e Beatriz Barroso (2:27:03).

No trail medio, Rubén Martínez foi o primeiro en cruzar a meta, con 1:16:32. Completaron o podio David Seage e Miguel Montero, ambos cun tempo de 1:19:43. Eva de la Fuente encabezou a clasificación feminina con 1:47:00, seguida de Ángeles Iglesias (1:53:38) e Isabel Pereira (1:56:59).
Adrián Sesar, do Club Atletismo Pino, impúxose no trail curto con 40:36. Diego Ferreira, da Sociedad Deportiva Compostela Atletismo, foi segundo (43:03), e Alex Carrasco, do Club Triatlón Inforhouse Santiago, terceiro (44:54).

Na categoría feminina desta distancia venceu Lucía Taboada, da Sociedad Deportiva Compostela Atletismo, cun rexistro de 49:05. A segunda posición foi para Noa Bacariza, de Atletismo Fontes do Sar (54:31), mentres que Judit Barros, de Atletismo +9 Moraña, completou o podio (55:10).
Equipos e deportistas locais

O Club de Montaña Xesteiras liderou a clasificación por equipos do trail longo, con 9 puntos. O Club Deportivo Biosbardo ocupou a segunda posición e o Club Deportivo Brión Hyupersa, a terceira, ambos con 20 puntos.

Atletismo Fontes do Sar foi o equipo con máis atletas en meta no conxunto das carreiras, con dez, seguido do Club Deportivo Brión Hyupersa, con oito, e do Club de Montaña Xesteiras, con sete.

Entre os participantes locais, José Manuel García foi o primeiro clasificado do trail longo, cun tempo de 2:28:07. No medio, o podio masculino da Baña estivo formado por Adrián Darriba (1:41:39), Antonio Barreiro (1:46:30) e Iván Pensado (1:51:06). Sandra Rodríguez encabezou a clasificación local feminina, con 2:19:31.
Os vencedores por categorías

No trail longo, Rubén Iglesias e Antía Goberna venceron na categoría sénior; Darío Arias e Tere Dieste, en máster 1; e Juan Rivas e Raquel Estévez, en máster 2.

No medio, Hugo Calvo e Ángela Cambón gañaron en sénior, mentres que Óscar Guerra e María Jesús Rodríguez ocuparon os primeiros postos de máster 1. Emilio José Ferreiro foi o vencedor de máster 2 masculina.

Nas categorías de base, os triunfos corresponderon a Martín Demetrio Villar e Noa Bacariza en sub-16; Diego Ferreira e Lucía Taboada en sub-18; e Adrián Sesar e Lidia Grimal en sub-20.

Estrea na máxima categoría do calendario galego

A incorporación á Serie Ouro supuxo que os resultados multiplicasen por cinco a puntuación para o ranking da Federación Galega de Atletismo, que se ten en conta para a confección da Selección Galega de Trail Running. A cita foi tamén unha das catro probas desta categoría puntuables para o Ranking Anual de Clubs nas distancias longa e promocional de 8 quilómetros e desenvolveuse baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.

Este paso dá continuidade á evolución do Trail da Baña, recoñecido co Premio á Mellor Xestión Ambiental de 2025 na II Gala do Trail Running do Atletismo Galego.

A xornada contou tamén cunha proposta gastronómica no pavillón de San Vicenzo: Sabor e tradición con showcooking, do programa Experiencias 2026 de Terras de Santiago, con José M. Mallón e unha degustación de filloas da pedra.

Agradecemento ao traballo compartido

O Concello da Baña agradece especialmente a implicación do voluntariado, o traballo do técnico municipal de Deportes, Adrián Vázquez, e a colaboración de Protección Civil na preparación e no desenvolvemento da xornada. Destaca tamén a contribución do club BJ Trainers & Co. á organización e o apoio de Gadis, Clun e Ternera Gallega.

O recoñecemento esténdese aos deportistas, ás persoas participantes na andaina e ao público que se achegou para animar, parte fundamental dunha edición que combinou competición e participación veciñal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *