AD

Comarca

Padrón celebra o sábado 2 de maio a súa primeira actividade pet friendly

today22 abril, 2026

Fondo
share close
AD
  • ‘Desfruta o Padrón Xacobeo co teu can’ consistirá nunha ruta guiada de 3 km, gratuíta e pensada para as persoas que queiran desfrutala na compañía dos seus animais
  • Con esta proposta innovadora, Padrón dá un paso máis cara a un modelo turístico máis sostible, inclusivo e adaptado ás novas demandas, “pois cada vez máis persoas viaxan coas súas mascotas e buscan experiencias de calidade e en contacto coa natureza”, destaca a concelleira de Turismo, Chus Campos

Padrón.22-4-2026.-O Concello de Padrón, en colaboración coa axencia de viaxes pet friendly Rekunchos, presenta unha nova proposta turística innovadora baixo o título Desfruta o Padrón Xacobeo co teu can, unha actividade pioneira no municipio que busca diversificar a oferta e atraer novos perfís de visitantes comprometidos co respecto ao patrimonio e coa sustentabilidade.

Esta iniciativa, que se celebra por primeira vez en Padrón, terá lugar o sábado 2 de maio, en horario de 11:00 a 13:30 horas, e consistirá nunha ruta de 3 quilómetros con visita guiada pensada para ser desfrutada en compañía de cans, fomentando así un modelo de turismo responsable, inclusivo e respectuoso coa contorna.

A actividade será totalmente gratuíta e permitirá ás persoas participantes descubrir algúns dos enclaves máis significativos do Padrón xacobeo desde unha perspectiva diferente, combinando patrimonio, natureza e convivencia responsable cos animais.

Desde o Concello, a concelleira de Turismo, Chus Campos, destaca que esta proposta “responde á necesidade de adaptarse ás novas tendencias turísticas, xa que cada vez máis persoas viaxan coas súas mascotas e buscan experiencias sostibles, de calidade e en contacto coa contorna”. Ademais, subliña que este tipo de accións contribúen a afianzar Padrón “como un destino innovador dentro do Camiño de Santiago, ampliando o seu atractivo máis alá do turismo tradicional”.

A organización corre a cargo de Rekunchos e do propio Concello de Padrón, dentro da súa estratexia de promoción turística vinculada ao territorio, ao patrimonio cultural e ao respecto polo medio natural.

As persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón e obter máis información e realizar consultas a través de WhatsApp no número 673 449 527 ou no correo electrónico info@rekunchos.com.

Con esta primeira iniciativa pet friendly, Padrón dá un paso máis cara a un modelo turístico máis sostible, inclusivo e adaptado ás novas demandas, reforzando o seu compromiso coa posta en valor do seu patrimonio e coa captación de visitantes responsables.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *