AD

Actualidad

Adrián Villa (PP): «O BNG só sabe dar solucións recadatorias para o aparcamento en Santiago»

today1 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Villa explicou que que “é vergonzoso que o goberno afirme que coa medida de zona azul na contorna do CHUS evitarán os vehículos ventosa, porque isto non é real, xa que ao non existir a obriga de rotar, sempre será máis barato deixar o coche nesas prazas, que no aparcamento da Choupana”.

O concelleiro popular subliñou que “estamos ante un goberno que non escoita, non asume responsabilidades e só pensa en recadar a costa do peto dos veciños”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, denunciou hoxe, en rolda de prensa, que o goberno do BNG só sabe dar “solucións recadatorias” para o aparcamento en Santiago. O popular subliñou que, coa creación da zona ORA nas inmediacións do hospital Clínico, os nacionalistas decidiron suprimir prazas no Ensanche e as converteron en postos de estacionamento de só 15 minutos, arrancando os parquímetros que non funcionaban e que agora colocaron na nova zona de recadación, na contorna do CHUS”.

As prazas suprimidas estaban localizadas en rúas como a Rosa, República do Salvador, Virxe da Cerca e Campus Sur, tratábanse de espazos que, fóra do horario de carga e descarga, servían para que moita xente estacionase á hora de recoller nenos nos colexios ou para facer compras e recados.

Para o popular, “o motivo está claro, estas prazas do Ensanche tan só recadaban 4 horas e media, mentres que as novas na zona do CHUS e nas inmediacións de Pontepedriña, facturan 7 horas e media”.

“A toma desta decisión só ten unha explicación: recadar, algo que se ten convertido na folla de ruta do Goberno do BNG, é dicir, moito recadar e pouco xestionar. De feito, cos orzamentos para o presente ano, sabemos que o goberno nacionalista pretende ingresar máis de 3 millóns de euros en multas e, coa ORA, incluíndo as novas zonas, 2 M €”, engadiu.

Así mesmo, remarcou que “é vergonzoso que o goberno afirme que con esta medida evitarán os vehículos ventosa, porque isto non é real, xa que ao non existir a obriga de rotar, sempre será máis barato deixar o coche nestas prazas, que no aparcamento da Choupana”, algo que tamén pensan os veciños desta zona, os pacientes e os traballadores do complexo hospitalario.

Por outra banda, Adrián Villa tamén quixo denunciar outra “chapuza máis do Goberno nacionalista”, posto que, a día de hoxe, parece que esqueceron actualizar a aplicación do móbil que permite sacar o tícket, pero non permite renovar o estacionamento, polo que, os usuarios que empreguen esta aplicación a partir deste luns, ou ben terán que baixar a renovar manualmente o tícket ou serán sancionados.

“Con este exemplo queda de manifesto a chapuza que está a levar a cabo o goberno do BNG, quen tivo moita presa para instalar a nova zona ORA, deixando atrás a adaptación das aplicacións e instalando parquímetros que non funcionan e sen rectificar tal e como solicita a veciñanza”, agregou.

Cabe sinalar que, desde o Partido Popular, presentamos unha moción para a urxente revisión e arranxo destas máquinas, posto que os teclados non funcionan e non se pode ingresar correctamente a matrícula e os lectores de tarxeta non a len de forma correcta, polo que tan só é posible o pago con moeda.

Finalmente, o concelleiro popular subliñou que “estamos ante un goberno que non escoita, non asume responsabilidades e só pensa en recadar a costa do peto dos veciños”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%