Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 noviembre, 2023
22/11/2023.- Será este domingo 26 de novembro nas inmediacións do Estadio Verónica Boquete cando preto de 300 ciclistas chegados das catro provincias galegas e de fóra da nosa comunidade, de entre 14 e 69 anos, pedalearán os 2.600 metros dun renovado circuíto do Ciclocross Cidade de Santiago que forma parte da Copa de Galicia.
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Abel Gómez, presidente do Club Ciclista Compostelano; Berto del Río, técnico da Federación Galega de Ciclismo, e Alberto Ferreiro, técnico do club ciclista Compostelano, presentaron esta mañá en rolda de prensa o XXII Trofeo de Ciclocross que terá lugar este domingo 26 de novembro. Organizado polo club ciclista Compostelano-Muebles Compostela, a competición celebrarase a partir das 09:30h cun percorrido que discorre na súa totalidade por zona verde, con meta e saída no Estadio Verónica Boquete.
A concelleira Pilar Lueiro convidou a toda a veciñanza a achegarse a San Lázaro para asistir a esta proba da que destacou «a súa espectacularidade e atractivo visual» e quixo reiterar «o compromiso do goberno co fomento do deporte e cunha disciplina, neste caso, o ciclocross rodeada de vitalidade e entusiasmo e que combina resistencia, técnica e estratexia nunha proba que xa é unha clásica con moita tradición na cidade, unha cita que leva 22 anos celebrándose».
O circuíto estará balizado, contando cun peche perimetral xa existente de malla, que impide o acceso desde a zona de Equipos sen pasar previamente polo control de acceso. Unha competición que é ademais puntuable para a Copa de España, e no que colabora ademais do Concello de Santiago de Compostela, a Federación Galega de Ciclismo e a Xunta de Galicia.
As categorías da proba serán infantil, elite-SUB23, junior, cadete, master 30/40/50/60 e master 30/40/50/60 tanto en masculino como en feminino.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)