AD

Actualidad

Radio Líder asistirá ó acto de homenaxe aos empresarios lonxevos do Tambre

today13 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Radio Líder Santiago (97.7 FM) asistirá este xoves ao acto de homenaxe a unha ducia de empresario do Polígono do Tambre

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) homenaxeará este xoves, 14 de decembro, a doce empresas que cumpriron 25 anos na Asociación do polígono industrial en 2023. As compañías distinguidas foron: Almacenes Moure, Alugal, Asociación Provincial de Talleres (APTCOR), Bricosa Santiago, Carpintería Illobra, Comercial Gobertel, Cotelga, Fademga Plena inclusión Galicia, Inturasa Pérez Rumbao, Neumáticos Tino Santiago, Talleres Uzalvi e Tamesa Santiago.

O evento será no salón de actos da sede do Centro Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1), a partir das 20:00 horas. No acto, que estará presentado por Xavier Freire, vogal da xunta directiva da Asociación, e amenizado pola actuación do Coro de voces graves “Crecente” de Conxo, farase entrega aos homenaxeados dun diploma acreditativo e un pequeno agasallo. Estará presidido polo presidente da AAET, José Fernández Alborés, e contará coa asistencia de diversas autoridades, como a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a directora do Instituto Galego de
Promoción Económica (Igape) da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; e o reitor da Unviersidade de Santiago (USC), Antonio López; ademais doutros representantes institucionais e das empresas distinguidas.

Radio Líder Santiago (97.7 FM), que inicia unha nova etapa con programación local e contidos locais nas RRSS da emisora, cubrirá o acto.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%