AD

Actualidad

Raxoi lembra que as modificacións no servizo a Casas Novas funcionan desde o 25 de xuño

today29 agosto, 2024

Background
share close
AD

29/08/2024 Incrementáronse o número de frecuencias e modificouse o traxecto por mor do corte da rúa Pombal por obras de reurbanización.

A liña 4, que comunica Romaño coas Cancelas, é a máis afectada polas cambios na circulación debido ás obras de reurbanización do Pombal que se iniciaron o pasado mes de xuño. Esta liña mantese desdobrada en dúas rutas: unha que vai desde Cancelas a Mallou pasando por San Caetano, San Roque, Virxe da Cerca e Praza de Galicia; e outra que cubrirá o itinerario Romaño-Praza de Galicia, cunha prolongación a Casas Novas.

No caso da liña 4, este cambio no percorrido obriga a pasar polo Romaño para facer a viaxe de volta a Casas Novas, polo que se prolonga o traxecto durante o tempo de duración das obras. En todo caso, con respecto ao ano anterior, o Concello mantén o mesmo número de servizos con saída de Casas Novas, e incrementa unha saída os sábados. Para os servizos de volta da liña 4, tamén se incrementou 1 servizo máis de luns a venres e 2 máis en sábados.

A zona de Casas Novas tamén conta coa parada que fai liña P1. Polo que o número actual de servizos é moi superior aos que había o pasado verán.

Durante a duración destas obras, tamén continuarán afectadas as liñas 8, 9, C2, C4, P1 e P7 de transporte urbano con alteracións nos seus percorridos, polo que continúan a empregar itinerarios alternativos que discorren pola rúa Poza de Bar, avenida das Burgas, avenida da Coruña e saída a Rosalía de Castro ou Xoán Carlos, e que se poden consultar na páxina web de Tussa.

O Concello de Santiago levou a cabo unha campaña de comunicación a través de numerosas canles con folletos informativos, vinilos nas marquesinas, mensaxes nas redes sociais… co obxectivo de informar a a toda a cidadanía e especialmente aos veciños e veciñas da contorna das obras, todas as modificacións dos itinerarios e da mobilidade.

O Concello lamenta as molestias que as modificacións provisionais desta liña poidan ocasionar á veciñanza e lembra que a empresa municipal Tussa está á disposición de todos os veciños e veciñas para explicar calquera cuestión relacionada co servizo de transporte e calquera dúbida pode ser consultada a través do teléfono 981568210 ou do mail mobilidade@tussa.gal.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%