Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
27 de novembro de 2023.- O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, abre hoxe a súa tradicional recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. A campaña, que se organiza por décimo ano consecutivo, estará aberta ata o 21 de decembro.
Este ano engádese un novo punto de recollida: PROGANDO, en Abellá; e mantéñense os tradicionais salón de peiteado Patricia Tacón (Abellá), os supermercados Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades (Ledoira), o CPI Ponte Carreira e a propia Casa do Concello. Poderán entregarse alimentos básicos: leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas… que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados.
Nas anteriores edicións recolleuse unha media de 400 quilos por campaña. Agora, o Concello de Frades fai un novo chamamento á colaboración veciñal e pon á súa disposición os teléfonos dos Servizos Sociais municipais (981 69 55 67) e de Cáritas (647 120 228) para resolver calquera dúbida.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)