AD

Actualidad

Rematada a obra de pavimentación do lugar de Coira, Laraño

today8 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD

A concelleira de Rural, Pilar Lueiro, e o edil de Obras, Xesús Domínguez, visitaron o lugar de Coira, en Laraño, onde acaban de rematar as obras de pavimentación de varios viarios.

A obra está incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (plan único de concellos) POS+ Adicional 2/2022 – 1ª fase da Deputación Provincial da Coruña, e contou cun orzamento de 122.414,02 €, IVE incluído.

As obras consistiron na substitución do pavimento deteriorado de asfalto por outro de formigón e na instalación dun novo sistema de drenaxe. Son actuacións solicitadas e faladas coa veciñanza nunhas áreas nas que a pavimentación se atopaba en mal estado froito do paso do tempo e da circulación de maquinaria agrícola. No proxecto, optouse por unha solución duradeira co uso dun pavimento de 18 cm de formigón sobre unha capa de zahorra de 15 cm.

Tamén se procedeu ao acondicionamento do camiño que sae do núcleo polo vento noroeste cara á vía do tren mediante 20 cm. de zahorra estabilizada, previa apertura de caixa, compactación da explanada e limpeza das gabias con recuperación da sección hidráulica para a mellora da drenaxe superficial do viario. Na zona central do viario dispúxose un colector de PVC de 400 mm de diámetro con pozos de rexistro e sumidoiros para a mellora da drenaxe asociada.

A actuación completouse coa mellora da sinalética e coa colocación dunha estrutura cubrecolector para dous contedores de lixo. A adxudicataria foi a empresa Alcomte Galicia SL.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%