Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Rianxo celebrou un emotivo acto de homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao con motivo do 140 aniversario do seu nacemento, reafirmando o compromiso institucional coa memoria, a obra e os valores dun dos grandes referentes da cultura e do pensamento galego.
No acto participaron diversas autoridades, entre elas o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde Alonso; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o deputado provincial, Antonio Leira; e o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, que quixeron acompañar ao municipio natal do autor nunha xornada de lembranza e reflexión.
Un dos momentos máis simbólicos da homenaxe foi a sinatura dun acordo entre o alcalde de Rianxo e o rexedor da A Estrada, Gonzalo Louzao Dono, para promover o irmandamento entre ambos concellos, lugares de nacemento de Castelao e da súa compañeira, Virxinia Pereira. Un xesto que busca fortalecer os lazos culturais e históricos arredor da figura do intelectual galeguista.
Durante a súa intervención, o alcalde subliñou que Castelao “non é pasado, é presente e é futuro”, destacando que o seu pensamento segue a ser unha guía cívica e política plenamente vixente. Nesa liña, fixo un chamamento á responsabilidade colectiva de garantir que o seu legado chegue tamén ás vindeiras xeracións.
Con este acto, Rianxo reafírmase como epicentro da memoria castelaiana e como referente na defensa da cultura galega, reivindicando a actualidade dunha figura clave para entender a identidade e os valores de Galicia.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)