AD

Actualidad

Rois convida ao alumnado a participar no concurso de carteis do Día da Muller

today17 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

  • Empregará os mellores traballos para anunciar os actos que organice co gallo do 8M
  • A rapazada ten ata o 23 de febreiro para presentar as súas propostas
  • Entregaranse dous premios por cada unha das nove categorías

16-01-2024. Rois. O Concello de Rois convoca un concurso de carteis, dirixido ao alumnado dos centros educativos do municipio, centrado na conmemoración do Día da Muller o vindeiro 8 de marzo. Os traballos poderán entregarse ata o día 23 de febreiro e establécense un total de dous premios por cada unha das nove categorías.

Pensando na conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Rois convoca un ano máis un concurso de carteis para as nenas e nenos escolarizados no municipio. Os carteis, que deberán ser orixinais e inéditos, poderán facerse tanto de xeito individual como colectivo e terán como temática os dereitos da nena e da muller, a igualdade e/ou erradicación de todas as formas de discriminación por cuestión de xénero.

Os traballos recolleranse nos centros escolares o 23 de febreiro. Con técnica libre (ilustración, fotografía, collage, etc.) deberán realizarse en tamaño DIN A3 ou DIN A4 de levarán obrigatoriamente un lema ou texto curto en galego.

A cativada participante entregará o traballo no seu centro escolar, acompañado da folla de inscrición debidamente cuberta. Recibirán un premio os dous mellores carteis de cada unha das nove categorías, establecidas por idades: 1º a 3º de educación infantil, 4º de infantil, 5º de infantil, 6º de infantil, 1º e 2º de educación primaria, 3º e 4º de primaria, 5º e 6º de primaria, 1º e 2º de ESO, 3º e 4º de ESO.

O Concello utilizará os carteis premiados para anunciar os distintos actos municipais programados co gallo do Día da Muller.

As bases e o formulario de inscrición pódense descargar na web do Concello de Rois.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%