AD

Arte y Cultura

Rois convoca o concurso de tarxetas de Nadal para elixir a súa felicitación institucional

today14 noviembre, 2023

Background
share close
AD
  • Pode participar o alumnado de infantil e primaria escolarizado no Concello
  • O prazo de presentación dos traballos remata o xoves 30 de novembro

14-11-2023. O Concello de Rois convoca, como xa vén sendo habitual por estas datas, un concurso de tarxetas de Nadal para os escolares do municipio. Nel poderá participar o alumnado de educación infantil e primaria dos centros educativos roisenses e o traballo gañador será reproducido para enviarlle a toda a veciñanza como felicitación institucional.

O prazo límite de presentación dos traballos é o xoves 30 de novembro (incluído). Os menores participantes poderán empregar calquera técnica para facer as súas tarxetas e poderán presentalas tanto de xeito individual como en grupo. As súas propostas, iso si, deberán ser orixinais e inéditas, ter un tamaño din A5 (medio folio, 15x21cm) e estar escritas en galego no caso de levar texto.

O certame conta cun total de seis categorías e premios: alumnado de 1º a 3º de infantil, alumnado de 4º a 6º de infantil, alumnado de 1º e 2º de primaria, alumnado de 3º e 4º de primaria, alumnado de 5º e 6º de primaria e, por último, escolares en colaboración con persoas adultas (sendo este último, o único caso no que os maiores poden prestar a súa axuda). Todos os menores participantes recibirán un diploma acreditativo.

Os traballos candidatos presentaranse nos centros educativos, achegando ademais os datos persoais e un teléfono de contacto. Para facilitar a presentación, achégase unha plantilla na que se pode traballar directamente e que xa conta cun formulario a cubrir polos escolares participantes.

Tanto a plantilla como as bases de participación poden descargarse na páxina web do Concello de Rois.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%