AD

Actualidad

Rois felicitará o Nadal cunha postal do alumnado da Galiña Azul

today11 diciembre, 2023

Background
share close
AD
  • Os escolares do municipio manteñen a tradición implantada dende o ano 2018
  • O xurado concedeu un accésit pola súa calidade ao debuxo dos nenos e nenas de 6º de educación primaria do CEIP O Pumar

Rois. 11-12-2023. A postal realizada polo alumnado da Galiña Azul de Rois é o elixido para felicitar o Nadal a toda a veciña do municipio neste 2023. O xurado composto por Inmaculada Seage Freire, técnica de Normalización Lingüística de Rois; Francisco Martín Núñez, profesor do CPI Os Dices; e Vanessa Chico, presidenta da ANPA Urcael Urdilde, destacou o traballo destes cativos na elaboración dun debuxo que vai continuar coa tradición implantada no Concello de Rois dende o ano 2018.

Este certame, destinado a fomentar a creatividade dos escolares, contou de novo nesta edición cunha ampla participación dos nenos e nenas dos diferentes centros educativos do concello.

De entre todas as postais que se presentaron ao concurso, destacaron a referida do alumnado da Galiña Azul, gañadores ademais na categoría de 1º a 3º de Educación Infantil; a de Manuel Eiras Ares de 6º de educación infantil CPI Os Dices; a de Brais Ínsua Carregal, gañador na categoría de 1º e 2º de educación primaria e alumno do CPI Os Dices; de Lucía Calvo Ruíz, de 4º de primaria no CEIP O Pumar; a de Ian Seco Ares, de 6º de primaria no CEIP O Pumar; e a de Sara Godoy Fernández, na categoría de alumnado con apoio de persoas adultas que estuda 1º de primaria no CEIP o Pumar.

Ademais, os membros do xurado resolveron conceder un accésit pola súa calidade á postal do alumnado de 6º de educación primaria do CEIP O Pumar.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%