AD

Comarca

Rosalía Bello Alborés gaña miiiiiiiil eeeeeeurooos no «orixinal» sorteo do Nadal de Noia

today28 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

Rosalía Bello Alborés foi a gran protagonista dun sorteo único celebrado en Noia, unha iniciativa da Concellaría de Cultura, Comercio e Turismo, que coordina Pepe Pérez, quen quixo dar unha segunda oportunidade aos décimos de lotería non premiados no Nadal. O número 16.144 resultou ser o Gordo desta iniciativa, levándose un premio de 1.000 euros en vales de compra para gastar no comercio local.

A peculiar celebración tivo lugar na Rúa do Curro, onde os nenos Adrian, Laura e Lara, veciños de Ponte Nafonso foron os encargados de “cantar” os números gañadores. O evento buscou dinamizar o comercio local ao tempo que repartía 2.500 euros en premios. Ademais do Gordo, entregáronse vales de 500 e 300 euros, tres de 100 euros, xunto con outros dez de 40 euros. Todos eles foron entregados aos respectivos agraciados pola tenenta de alcalde de Noia, Marisol Villar.

Os agraciados teñen do 28 ao 31 de decembro para gastar os seus premios nos comercios noieses, convertendo a vila nun epicentro de actividade.

Unhas catro mil persoas congregáronse para desfrutar en directo o sorteo, que contou como mestre de cerimonias a Álvaro Veiga, director de Radio Líder de Santiago, quen puxo o toque de humor e emoción á xornada.

A velada estivo amenizada pola artista local Paula Arfe, coñecida artisticamente como Chiña, cuxa voz e talento engadiron un toque único ao evento, e polo DJ Maikstyle de Chocolate Disco Móbil, que mantivo a enerxía e a festa no aire coas súas sesións musicais.

O éxito da iniciativa levou á organización a planear repetir a experiencia no vindeiro ano, esta vez cunha maior dotación económica en premios para incrementar a emoción e a participación. Ademais, ante a gran afluencia de público que se congregou fronte o Teatro Coliseo Noela, estase a valorar trasladar o evento á Alameda, un espazo máis amplo e céntrico que permitiría acoller con maior comodidade a todos os asistentes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *