AD

Actualidad

Rueda pide o voto para que «Galicia siga funcionando» a partir do 18F

today3 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Afirma querer seguir sendo presidente dunha Galicia “libre pero non submisa, leal pero tamén esixente, inconformista, orgullosa, que xestiona, que garante á xente moza a mellor educación, que respecta aos seus maiores e que une o interior coas cidades”

Fronte a outros que pecan de “egocentrismo”, o líder dos populares asegura que el se presenta a estas eleccións “orgullosamente convencido de que a política serve para algo e desde a normalidade e a humildade”

“Aquí non temos que traer modelos de fóra porque temos un modelo propio: o da Galicia que funciona. E ese é o que modelo que queremos, o que nos gusta e o único que funciona”, reivindica

3 de febreiro de 2024. O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, quixo trasladar hoxe a mensaxe de que “a Galicia que funciona é a que ten confianza, unidade, experiencia e solucións”, que é o que el e o seu partido ofrecen aos galegos o 18 de febreiro para que a Comunidade “siga funcionando” e porque teñen claro que o que funciona en Galicia son a unidade, o respecto, a responsabilidade, a normalidade, o sentidiño, a humildade e o esforzo.

Pediu o voto “con ganas de seguir facendo as cousas ben” e comprometeuse a que, se gaña, non só gobernará para todos os galegos e galegas desde o primeiro minuto, senón que as súas prioridades serán as de Galicia. Un voto de confianza tamén, explicou, “para que a igualdade de todos os cidadáns sexan norma e para que se respecten as institucións, a Constitución española, o Estatuto de Autonomía e, por riba de todo, a Galicia”.

Ante as 14.000 persoas que ateigaban unha Praza de Touros “máis chea que nunca” neste tradicional mitin de arranque de campaña, Rueda prometeu que todo o apoio e cariño que está recibindo vai ser devolto con todo o seu esforzo ao longo destes próximos quince días: “Comprométome ante todos vós, a cidade que me veu crecer, a traballar, a facer propostas e a empuxar por Galicia”.

Fronte a outros candidatos que pecan de “egocentrismo”, o líder dos populares asegura que el se presenta a estas eleccións “orgullosamente convencido de que a política serve para algo e desde a normalidade e a humildade” pero consciente tamén de que nada podería facer en solitario. De aí que quixese recoñecer publicamente o traballo e implicación de todos e cada un dos membros que integran as candidaturas do partido nas catro provincias.

“Pido o voto para o PPdeG e unha maioría que me permita traballar por unha Galicia mellor, unida, e sen divisións. E fágoo sobre a base da confianza, reivindicando o valor da palabra dada”, afirmou antes de explicar por que quere seguir sendo presidente dunha Galicia “libre pero non submisa, leal pero tamén esixente, inconformista, orgullosa, que xestiona, que garante á xente moza a mellor educación, que respecta aos seus maiores e que une o interior coas cidades”.

E quere selo prometendo aos galegos que non vai meter Galicia en “camiños sen saída” e que loitará por evitarlle “os follóns que se ven fóra”. Pero, por riba de todo, promete que “non vai fallar” a todos aqueles que depositen nel a súa confianza o próximo 18 de febreiro.

“Temos un enorme prestixio ganado a pulso para reivindicar que podemos facer as cousas como cremos que se teñen que facer. Aquí non temos que traer modelos de fóra porque temos un modelo propio: o da Galicia que funciona. E ese é o que modelo que queremos, o que nos gusta e o único que funciona”, concluíu.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%