AD

Actualidad

Solicitude de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2024/25

today6 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

05/02/2024 A Xunta de Goberno local do 5 de febreiro do 2024 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío.

O prazo de presentación de solicitudes para reserva de praza e traslado do alumnado actual estará aberto entre os días 1 e 18 de marzo, a través da sede electrónica do Concello (trámite «Solicitude de reserva de praza nas escolas infantís municipais», modelo ED004) ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago ou mediante calquera das formas previstas na Lei. A lista de reservas e traslados e o número de prazas vacantes por unidades, publicarase o vindeiro 21 de marzo na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios das escolas infantís municipais.

Os impresos e a documentación de solicitude de novas prazas deben presentarse entre o 22 de marzo e o 19 de abril. Neste caso, as solicitudes poderán descargarse na sede electrónica do Concello de Santiago (modelo ED005 – trámite de ‘Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais’). Tamén, poderase solicitar o formulario por correo electrónico a calquera das tres escolas infantís ou recollerse nas propias escolas infantís.

Cómpre lembrar que, xunto co impreso de solicitude, os/as representantes legais do neno/a deben achegar a documentación que se detalla na mesma.

Os formularios cubertos e a documentación poden presentarse por rexistro, de forma telemática (trámite «Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais») ou de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) de 9:00 a 13:00 horas, sen cita previa, solicitando número ou quenda na máquina dispensadora de citas.

As listas definitivas de admitidos/as, excluídos/as e da lista de agarda faranse públicas entre o 3 e o 10 de xuño. A continuación, o prazo de matrícula para todo o alumnado das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas, e Meixonfrío-Salgueiriños estará aberto desde o 11 ata o 18 de xuño. Na escola contarán con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento, poderán visitar as instalacións e recoller os impresos necesarios para a formalización da matrícula.

Aquelas persoas que soliciten prazas para este curso e figuren en situación de agarda deben facer de novo a solicitude de admisión.

Para consultas:

– E.I.M DE CONXO: 981528702 – eimdeconxo@yahoo.com
– E.I.M DAS FONTIÑAS: 981528703 – eimdasfontinas@yahoo.com
– E.I.M DE MEIXONFRIO SALGUEIRIÑOS: 981528707 – eimdemeixonfrio@yahoo.com

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%