AD

Actualidad

Sr. Salvaje volve á Capitol co seu novo disco Riesgo y caos: «Soa con esa enerxía do directo»

today10 noviembre, 2026

Fondo
share close
AD

 

A banda compostelá adiantou en Radio Líder Santiago que o álbum sairá o 27 de novembro e que o presentará o 5 de decembro na sala Capitol, con Habitación Vudú.

«Riesgo y Caos», a canción que dá nome ao novo disco de Sr. Salvaje, soou por primeira vez fóra do estudio en Radio Líder Santiago. Guille, Torroncho e Chuko presentaron o traballo da banda compostelá, que buscou levar á gravación a forza dos seus concertos.

Chuko, coprodutor do disco, explicou que a banda quería un álbum que soase «moi auténtico, con esa enerxía do directo». O grupo falou dun son «moi de amplificador», con pasaxes próximas ao rock sureño. Segundo lembraron os músicos, Chuko resumira o resultado ao rematar a gravación cun «Chavales, xa sona Sr. Salvaje».

É o primeiro álbum que os catro músicos prepararon xuntos no local de ensaio, escollendo e descartando cancións. Manu, que se incorporara como teclista durante a preparación do disco anterior, participou desde o comezo desta volta, polo que as teclas entraron nos temas desde as primeiras sesións.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida por Sr. Salvaje (@sr.salvaje)

«Custa moito estarnos quietos», dixo Guille ao lembrar que a banda aínda estaba de xira co repertorio anterior cando volveu gravar. Daquela saíu «Salvajes», o primeiro adianto do álbum. O grupo publicou despois «Este viaje tan cruel», cun videoclip dirixido por Torroncho.

Para a cita da Capitol, Sr. Salvaje avanzou un concerto «máis a piñón», na liña dos que ofrece cando sae tocar fóra. Tras a cita do ano anterior, con numerosos convidados no escenario, a banda compartirá cartel con Habitación Vudú, de Ourense. O disco poderá mercarse en formato físico no concerto.

Torroncho tamén falou da evolución do público desde os primeiros concertos, cando acudían sobre todo os amigos. «Cada vez vemos como un público máis diverso», dixo. No último concerto na Capitol, lembrou o grupo, xa había «moitísima rapazada».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *