Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 junio, 2026
Rocío Núñez Rúa pide «deixar os egos a un lado» e advirte de que a fragmentación da esquerda pode facilitar unha alcaldía do PP
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026. Movemento Sumar considera que a decisión anunciada hoxe polas concelleiras e concelleiros non adscritas do Concello de Santiago non aporta ningún beneficio para a cidade e que este tipo de decisións deben afrontarse desde a responsabilidade e coa vista posta no interese xeral da cidadanía compostelá. A secretaria de organización de Movemento Sumar Compostela, Rocío Núñez Rúa, asegurou que “non podemos permitirnos máis candidaturas de esquerda competindo polo mesmo espazo electoral nun momento no que o principal obxectivo debe ser consolidar unha maioría progresista forte e capaz de seguir gobernando Santiago”.
Para a formación, os próximos meses deben servir para fortalecer os puntos de encontro entre as distintas sensibilidades progresistas da cidade e non para afondar na fragmentación dun electorado que comparte boa parte das súas prioridades e aspiracións. «É o momento de deixar os egos a un lado e pensar no interese xeral da cidade. Santiago necesita máis unidade e máis capacidade de acordo entre as forzas progresistas, porque calquera paso que contribúa a fragmentar ese espazo aumenta o risco de que o Partido Popular recupere a alcaldía», engadiu Núñez Rúa.
“Respectamos as decisións adoptadas por Mercedes Rosón, Mila Castro, Marta Álvarez e Gonzalo Muíños, pero queremos facer un chamamento a que esa iniciativa sirva para reforzar o espazo da esquerda compostelá e non para dividilo”, afirmou Núñez Rúa, membro tamén da Executiva Nacional de Movemento Sumar Galicia.
A agrupación advirte de que a experiencia demostra que a fragmentación das forzas progresistas adoita beneficiar ás opcións conservadoras. “A cidadanía espera das forzas de esquerda capacidade de diálogo, entendemento e cooperación. Calquera paso que contribúa a dispersar o voto progresista aumenta o risco de que o Partido Popular acabe recuperando a alcaldía da cidade”, sinalou.
A formación vén traballando en reforzar ese espazo coa organización referente da esquerda na cidade. para evitar competencia polo mesmo espazo político “A cidade necesita máis proxecto compartido e menos divisións. Queda tempo para sumar esforzos e construír unha proposta capaz de representar á ampla maioría progresista de Compostela”, concluíu Rocío Núñez Rúa.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)