Boqueixón insta a Correos a manter os 3 carteiros durante o verán
Boqueixón, 17 de xullo de 2024.- O Concello de Boqueixón vén de solicitarlle á Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos e ao Ministerio de Facenda e Función Pública que doten do persoal suficiente para manter a normalidade na prestación do servizo no municipio durante as datas de verán. Dende o Concello estiman que o número necesario de carteiros/as é 3, que son os que actualmente distribúen a correspondencia entre as distintas parroquias de Boqueixón durante o resto do ano. O […]