Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 junio, 2026
A Sala Capitol de Santiago acollerá o próximo 13 de xuño o Chichafest, a gran final da primeira edición do Onda Chicha, un proxecto nacido para impulsar e dar visibilidade ao talento musical emerxente galego.
O festival reunirá sobre o escenario a Fuego Lolita, WhyNot? e Skadelos, as tres bandas finalistas seleccionadas tras varios meses de concurso entre proxectos procedentes de diferentes puntos de Galicia. Ao longo deste tempo, Onda Chicha consolidouse como unha plataforma de apoio á creación musical emerxente, xerando unha comunidade arredor da cultura, a música e o territorio.
A xornada arrancará ás 13:00 horas en formato sesión vermú e converterá a Sala Capitol nun punto de encontro para artistas, público e profesionais do sector musical. Ademais dos concertos, un xurado profesional escollerá durante o evento a banda gañadora desta primeira edición, que recibirá como premio a gravación dun EP nos estudos Garaxeland, unha oportunidade destinada a impulsar o desenvolvemento profesional do proxecto seleccionado.
Máis aló da música, o Chichafest incorporará unha ampla proposta gastronómica centrada no produto local e de proximidade. O espazo gastro estará protagonizado por produtores participantes en A Paisaxe que Sabe, iniciativa da Deputación da Coruña que promove a excelencia agroalimentaria da provincia. Os asistentes poderán degustar diferentes elaboracións e produtos de quilómetro cero nun ambiente pensado para celebrar a cultura galega en todas as súas expresións.
O festival contará tamén cunha barra especial de Chichalovers, que presentará unha edición exclusiva da súa coñecida “chicha” creada especificamente para a ocasión, ademais doutras propostas gastronómicas e diversas sorpresas para o público asistente.
O CHICHAFEST servirá tamén para celebrar o segundo aniversario de Chichalovers, entidade impulsora do proxecto Onda Chicha, nun evento que busca consolidarse como unha cita de referencia para a música emerxente e a promoción do produto local galego.
As entradas xa están dispoñibles a través da web da Sala Capitol.
PROGRAMA
12:30 h – Apertura de portas
13:00 h – Presentación do Onda Chicha
13:30 h – Sesión vermú e espazo gastronómico
15:00 h – Concertos de Fuego Lolita, WhyNot? e Skadelos
18:00 h – Fin do evento
Escrito por Líder Redacción
ChichaFest chichalovers fuego lolita Onda Chicha radio lider santiago Skadelos why not?



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)