AD

Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

today24 mayo, 2026

Fondo
share close
AD

Onda Chicha xa ten pechado o cartel do seu gran festival final. As bandas Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos serán as encargadas de subir ao escenario da Sala Capitol de Santiago de Compostela o próximo 13 de xuño, nunha sesión vermú que dará comezo ás 13:00 horas, e coa que se pechará esta primeira edición do proxecto impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago.

As tres formacións foron seleccionadas entre as gañadoras das sete convocatorias de Onda Chicha. Ao longo desta primeira edición, o programa tamén recoñeceu o talento de Lisdexia, Amaramar, Pulpa e Noite Atari, consolidándose como unha plataforma de apoio e difusión para novas bandas galegas emerxentes.

O ChichaFest 2026 reunirá música en directo, cultura, talento novo, gastronomía e produto local nunha xornada especial na que, ademais, se decidirá cal das tres bandas participantes se converte na gañadora final de Onda Chicha. O premio será a gravación dun EP nos estudos de Garaxe Land.

As entradas xa están á venda e as primeiras 100 contan cun prezo reducido ata esgotarse. Poden adquirirse nesta ligazón.

O evento conta coa colaboración de Radio Líder Santiago, Quincemil, Fogar Festivais, Arde Música e StageUp e co patrocinio da Deputación da Coruña, Daveiga, Garaxe Land, Queixería Barral e Bodegas Lodeiros.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *