Un balón ao poste no último suspiro priva ao Composala do triunfo ante o vixente campión (4-4)
O balón estrelándose no poste co porteiro xa batido e o rival superado a escasos segundos do sinal final resumiu á perfección o vivido en Santa Isabel. O Composala rozou a victoria na última acción do partido tras completar unha actuación sobresaliente ante o actual campión da categoría, o Leis Pontevedra, pero tivo que conformarse cun empate (4-4) que sabe a moi pouco polos méritos amosados sobre a pista. Ata chegar a ese desenlace, o equipo de Gabi Rama foi […]