AD

deportes

377 Resultados / Página 3 de 42

Fondo
AD

Deportes

O Monbus Obradoiro volve á ACB con vitoria

O Monbus Obradoiro impúxose ao MoraBanc Andorra por 85-90 no Pavelló Toni Martí tras completar unha gran remontada. Os de Diego Epifanio, que chegaron a estar 14 puntos por debaixo, souberon reaccionar tras o descanso e afrontar con personalidade un igualado treito final para acabar levando o triunfo. O conxunto dirixido por Zan Tabak comezou o encontro con moito acerto dende o tiro exterior, obrigando a Diego Epifanio a solicitar tempo morto tras un parcial de 9-0. O MoraBanc Andorra […]

today27 septiembre, 2026

Deportes

Vitorias de Marcos Castro e María Frey na distancia longa do IX Trail da Baña

• Rubén Martínez e Eva de la Fuente venceron no trail medio, mentres que Adrián Sesar e Lucía Taboada encabezaron o curto • O Concello agradece o traballo do voluntariado, do técnico de Deportes Adrián Vázquez e de Protección Civil, así como a participación dos deportistas e a colaboración das entidades e empresas implicadas A Baña. 28-9-2026.- O IX Trail da Baña celebrouse este domingo cun récord de 394 persoas inscritas na súa primeira edición dentro da Serie Ouro da […]

today27 septiembre, 2026

Deportes

A patinadora do club de patinaxe Omega, Aroha Traba, participou no campionato de España

A patinadora Aroha Traba Castiñeiras, que pertence ao Club de Patinaxe Artística Omega, participou a pasada fin de semana (o venres 18 e mailo sábado 19 de setembro) no campionato de España de categoría infantil na localidade catalá de Ripollet Aroha Traba conseguiu esta temporada a quinta posición no Campionato Provincial e Galego, na modalidade libre, e dita praza deulle acceso ao Campionato de España Ames, 24 de setembro de 2026.- A patinadora Aroha Traba Castiñeiras, que pertence ao Club […]

today24 septiembre, 2026

Deportes

Máis de 400 ciclistas novos competirán na carreira Mini-MTB “Cidade de Santiago”

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, anima a gozar deste evento deportivo organizado polo Club Ciclista Compostelano co apoio do Concello de Santiago, no que este ano se rende homenaxe ao que fora presidente da entidade. A contorna do estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro acollerá na tarde deste sábado, 26 de setembro, a carreira de Mini-MTB "Cidade de Santiago" (Memorial Luis Neira Fontao). O evento está organizado polo Club Ciclista Compostelano-Muebles Compostela e conta co patrocinio do Concello […]

today24 septiembre, 2026

Actualidad

Santiago concederá a Medalla de Ouro da cidade ao mérito deportivo a Borja Iglesias

  O Pleno Municipal acordou por unanimidade levar á Comisión de Condecoracións a proposta en recoñecemento do futbolista compostelán e organizar un acto institucional de entrega aberto á cidadanía. A Corporación Municipal do Concello de Santiago de Compostela aprobou por unanimidade na sesión plenaria de setembro celebrada este xoves 24 unha declaración institucional para a concesión da da Medalla de Ouro da cidade ao mérito deportivo ao futbolista compostelán Borja Iglesias, como recoñecemento á súa traxectoria deportiva, ao seu vínculo […]

today24 septiembre, 2026

Deportes

O Composala vístese de gala para a súa histórica estrea en casa en Segunda B

Tras asinar un debut dourado na categoría de Segunda B cun traballado e merecido triunfo por 1-2 fronte ao Ribeira FS en Lugo —con dianas de Pablito e un emocionado Quintás no seu regreso tras un ano de lesión—, o Composala afronta este sábado ás 18.00 horas un dos momentos máis esperados da tempada: a súa presentación oficial en Segunda B ante a súa afección. O Pavillón de Santa Isabel será o escenario dunha cita con tinguiduras históricas. A marea […]

today24 septiembre, 2026

Deportes

O Concello adxudica por 1,26 millóns as obras da fase III de mellora do Vero Boquete

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns o contrato para as obras do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro á empresa Proyecon Galicia SA, cunha oferta de 1.260.680,85 € (IVE incluído) e un prazo de execución de catro meses. A voceira do goberno municipal, Míriam Louzao, detallaou que con esta intervención se reparará toda a envolvente do estadio, tanto as fachadas como a cuberta e tamén os soportais. Ademais substituirase o falso teito da zona da cafetería e […]

today22 septiembre, 2026

Sin Categoría

Joaquín Castro, campión do Gran Premio Concello de Ames de supercross 2026

O podio completouse coa segunda posición de Daniel Carracedo e o terceiro posto de Carlos Moreiras. Na Master 35, o podio formárono Freddy Sánchez, Adrián Guerreiro e Alberto Fernández, respectivamente Malia a calor o circuíto estivo en boas condicións e non se levantou moito po, o que permitiu ao público ver un bo espectáculo e aos pilotos competir en boas condicións Ames, 21 de setembro de 2026.- O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da […]

today21 septiembre, 2026

Deportes

Adrián Sesar e Nuria Mejuto impuxéronse con claridade na Carreira Pedestre Popular do Pino

Salama Loutfi e Amador Pena, e Nía Franco e Alba Muñiz completaron o podio masculino e feminino nesta 21 edición O Club Atletismo O Pino gañou a clasificación por equipos Carlos López e Cristina Carril, mellores atletas do Pino na carreira absoluta de 8 quilómetros O Pino. 20-9-2026.- Adrián Sesar Míguez e Nuria Mejuto Fernández foron os dominadores e impuxéronse con claridade na liña de meta da proba absoluta de 8 quilómetros da XXI Carrera Pedestre Popular do Pino, que […]

today21 septiembre, 2026

AD