AD

Deportes

O Composala busca prolongar o seu pleno de vitorias na cancha do Xove F.S.

today8 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

O Composala afronta esta fin de semana outro desafío esixente no seu debut na categoría. O líder do grupo en 2ª B de fútbol sala viaxará ata a comarca da Mariña para medirse á S.D. Xove F.S., co claro obxectivo de prolongar o seu gran estado de graza.

O bloque dirixido por Gabi Rama chega no máis alto da táboa tras asinar un arranque impecable. Cun pleno de 9 puntos en tres xornadas, o cadro santiagués quere dar continuidade á solidez exhibida nesta ilusionante estrea na competición.

Non será unha empresa fácil. En fronte estará unha S.D. Xove F.S. que destaca por ser un rival moi experimentado na categoría e forte ante a súa afección. O cadro lucense solventou con vitoria o seu único encontro na casa, confirmando a dificultade dun feudo rochoso que esixirá a mellor versión dos composteláns.

O choque disputarase este sábado 10 de outubro ás 18:15 horas no Pavillón Municipal de Xove.

Declaracións

Brais Aldrey: «Chegamos nunha dinámica moi boa tras lograr un pleno de vitorias que nos sitúa líderes, o que nos fai afrontar o encontro con moitísima ilusión. Sabemos que para manternos arriba toda a tempada debemos seguir traballando e competindo a este gran nivel».

Gabi Rama: «Viaxamos a unha pista moi complicada como é a de Xove. Un gran rival, un equipo con moito talento e veteranía na categoría que nos vai poñer as cousas moi difíciles. Imos coa máxima ilusión, que é o que nos está impulsando a conseguir estes grandes resultados. A partir de aí, o noso obxectivo é converter o encontro nun partido moi interesante e disputado de ti a ti, onde loitaremos por levarnos o maior botín de puntos posible».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *