Vila de Cruces organiza unha cata maridaxe para desfrutar con todos os sentidos do galo de curral
O prestixioso sumiller Nacho Costoya dirixirá a cata que contará con viños da Denominación Rías Baixas da subzona Ribeira do Ulla, como os de Adegas CastroBrey do municipio cruceño As elaboracións do galo, en versión empanada, salpicón e o tradicional galo de curral con patacas, correrá a cargo do cociñeiro José Antonio Asorey Torres, do restaurante ‘Onde Antonio Mouriscade’ A actividade celebrarase o sábado 30 no Auditorio Xosé Casal ás 12 horas, no marco da XXXII Festa Gastronómica do Galo […]