Santiago concederá a Medalla de Ouro da cidade ao mérito deportivo a Borja Iglesias
O Pleno Municipal acordou por unanimidade levar á Comisión de Condecoracións a proposta en recoñecemento do futbolista compostelán e organizar un acto institucional de entrega aberto á cidadanía. A Corporación Municipal do Concello de Santiago de Compostela aprobou por unanimidade na sesión plenaria de setembro celebrada este xoves 24 unha declaración institucional para a concesión da da Medalla de Ouro da cidade ao mérito deportivo ao futbolista compostelán Borja Iglesias, como recoñecemento á súa traxectoria deportiva, ao seu vínculo […]