AD

rianxo

67 Resultados / Página 4 de 8

Fondo
AD

Comarca

Apoio económico ás Anpas e máis becas escolares: dobre aposta educativa en Rianxo

O Concello de Rianxo incrementa un ano máis o investimento destinado ás becas municipais para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos. Na convocatoria correspondente ao curso 2025/2026, o goberno local concederá axudas por un importe superior aos 12.000 euros, unha cifra que supón un notable aumento con respecto á convocatoria anterior e máis do dobre do destinado no curso 2022/2023. Este esforzo económico tradúcese tamén nun incremento significativo do número de persoas beneficiarias, consolidando estas axudas como un […]

today22 diciembre, 2025

Actualidad

As axudas municipais impulsan novos negocios e reabren baixos comerciais en Rianxo

O Concello de Rianxo vén de resolver a primeira convocatoria da liña municipal de axudas destinada a apoiar a actividade comercial e a posta en marcha de novos negocios no municipio, unha iniciativa que no que vai de 2025 mobiliza un total de 20.000 euros. Por unha banda, mantense aberta unha convocatoria de 10.000 euros dirixida ás asociacións empresariais, co obxectivo de dinamizar o comercio local a través de accións colectivas que reforcen o tecido económico da vila. Trátase da […]

today21 diciembre, 2025

Comarca

Rianxo celebra un aumento de poboación tras anos de baixada constante

O Concello de Rianxo vén de confirmar a cifra definitiva de poboación a 1 de xaneiro de 2025 tras a revisión realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Logo dos axustes efectuados sobre a proposta inicial, o municipio fixa o seu número de habitantes en 10.758 persoas. O dato supón un punto de inflexión logo dunha longa etapa de descenso demográfico. Entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 1 de xaneiro de 2024, Rianxo perdeu de media máis […]

today28 noviembre, 2025

Comarca

Rianxo encara 2026 cunha ambiciosa remodelación da fachada marítima e a posta en marcha do Centro de Día

O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, foi o punto de partida dunha conversa ampla con Julián Bustelo, alcalde de Rianxo, quen repasou a actualidade municipal e social nunha entrevista na que reivindicou a loita pola igualdade, a responsabilidade institucional e o compromiso co municipalismo. “Tristemente temos que seguir marcando este día no calendario para denunciar a violencia que sofren as mulleres polo simple feito de selo”, afirmou Bustelo, lembrando que en Rianxo “todas as administracións […]

today27 noviembre, 2025

Comarca

Familias e profesorado do CEIP Ana María Diéguez, en Asados (Rianxo), alertan da falta de recursos

O claustro de profesorado do CEIP Ana María Diéguez, en Asados (Rianxo), fixo público un escrito no que manifesta o seu apoio ás reivindicacións trasladadas pola ANPA Fonte da Revolta, centradas na preocupación pola falta de recursos humanos para atender ao alumnado.  O profesorado, que asegura coñecer de primeira man a realidade das aulas, subliña que esta preocupación é “plenamente xustificada”. Na súa declaración, lembran que a situación non é nova, xa que levan anos reclamando máis recursos, pero seguen […]

today17 septiembre, 2025

Actualidad

A Asociación Rock in Rian denuncia o roubo de material valorado en preto de 2.000 euros

A Asociación do Festival Rock in Rian, que se celebrará os días 5 e 6 de setembro, vén de denunciar publicamente un furto nas súas instalacións, situadas na planta baixa da antiga Casa do Mar de Rianxo. Segundo informou a entidade a través dun comunicado oficial, os feitos supuxeron a perda de material fundamental para a organización do festival. Entre o sustraído atópase “material eléctrico, de iluminación e de son adquirido pola asociación durante anos”, así como diversos elementos da […]

today9 agosto, 2025

Comarca

Un motorista de 38 años fallece al chocar con un turismo en Rianxo

  Un hombre de 38 años, identificado por las iniciales E.B.S., perdió la vida este jueves en un accidente de tráfico ocurrido en la carretera DP-7202, a la altura del kilómetro 2,5, en el municipio de Rianxo. El siniestro se produjo alrededor de las 22:30 horas cuando la motocicleta que conducía el fallecido impactó contra un turismo cuyo conductor realizaba un giro. La alerta fue dada por un testigo que llamó al 112, activando de inmediato los servicios de emergencia. […]

today4 julio, 2025

Actualidad

Bertín Osborne visita Rianxo: este é o motivo

O coñecido presentador e cantante Bertín Osborne foi visto hoxe no concello de Rianxo, onde está a participar na gravación do programa de entretemento “A miña gran cidade”, da TVG. O formato, que combina viaxes, emoción e promoción turística, convida a unha celebridade a pasar 24 horas na cidade natal doutro personaxe famoso, que tenta convencela de quedar. Neste episodio, Osborne deixouse levar polas propostas e sorpresas da sua anfitrioa, a tamén presentadora e cantante rianxeira Eva Iglesias, quen lle […]

today4 junio, 2025 2

Comarca

Rianxo anuncia un ambicioso proxecto de remodelación do paseo marítimo

Rianxo, 16 de maio de 2025 – O Concello de Rianxo dará un novo impulso ao paseo marítimo coa aprobación no próximo Pleno ordinario dun ambicioso proxecto de remodelación entre o Castelo da Lúa e a praia da Torre, cun orzamento de 190.000 euros. A iniciativa busca poñer en valor o patrimonio histórico e mellorar os espazos públicos para o disfrute de veciños e visitantes. O plan inclúe catro actuacións principais: Recuperación do foso defensivo do Castelo da Lúa, un elemento histórico que se integra […]

today15 mayo, 2025

AD